Ponteareas acolle a súa Feira do Libro 2021 do 15 ao 18 de xullo

Estará situada na Praza Maior e aberta ao público de 12:00 a 14:00h e de 18:00 a 22:00h. ► O sábado 17 a apertura será ás 11:00h. ► Haberá un 10% de desconto en todos os libros

Ponteareas prepárase para dar a benvida á súa Feira do Libro 2021. Esta oportunidade para achegarse á literatura situarase na Praza Maior da localidade e abrirá ao público en horario de 12:00 a 14:00h e, de novo, de 18:00 a 22:00h. O xoves 15, día da inauguración, só estará aberta pola tarde, mentres que o sábado 17 a apertura adiantarase unha hora, ás 11:00h.

Flyer Ponteareas RRSSO xoves 15 o programa comezará ás 18:00 horas coa presentación de 'Clover, unha porquiña diferente', de Beatriz Cabaleiro. Ás 20:00h terá lugar o acto de inauguración, con pregón a cargo de Pablo Prado e unha actuación musical. Pecharase a xornada ás 21:00h con Anabel Antela Castro, que asinará a obra 'A lingua galega no sector téxtil'.

O venres 16 Xosé Antonio Perozo e María Lires presentan ás 18:00h 'O libro das avoas', inaugurando unha tarde de literatura que rematará ás 21:00h con Teresa Ríos, que asinará 'Non estamos preparados para medrar'.

O sábado 17 a apertura da Feira adiántase ás 11:00h e, xa pola tarde, Carlos Sampedro dará comezo ás presentacións de libros con 'Tempos difíciles'. A xornada rematará de novo ás 21:00h con Xina Vega, que presenta 'O estado intermedio'.

O domingo 18, Paula Carballeira inaugurará a tarde de clausura coa presentación de 'Pan con chocolate'. A Feira rematará coa presentación de Palabra de martes, de María Lado, fixada para as 21:00 horas.

Ademais, haberá diversas actuacións, actividades de animación á lectura e concursos, así como un 10% de desconto en todos os libros.

Comentarios