Pontevedra bota a lingua fóra

Alumnado de 20 centros escolares da cidade e da súa contorna participan no Correlingua 2023, que celebrou carreiras por dous traxectos diferentes e rematou cunha gran festa na Alameda na que actuaron As Monchas
Centos de nenos e nenas de Pontevedra e da contorna participaron no Correlingua deste ano. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera Centos de nenos e nenas de Pontevedra e da contorna participaron no Correlingua deste ano. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

Festa rachada a que montou a cativada, este mércores ao mediodía, na Alameda de Pontevedra. O Correlingua, esa carreira escolar en defensa do idioma que organiza cada ano a asociación do mesmo nome, co apoio do sindicato CIG-Ensino, da Mesa pola Normalización Lingüística e da Asociación Socio-Pedagóxica Galega, así como das deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo e dos concellos de Santiago, A Coruña, Ourense, Pontevedra, Vigo e Lugo, chegou á cidade para celebrarse por todo o alto e xa sen ningún tipo de restrición. 

Vinte centros escolares de Pontevedra e da contorna participaron no evento, que rematou cunha festa no palco da música da Alameda presentada por Fran Rei (que leu o manifesto deste ano, titulado Na casa, na escola, bota a lingua fóra) e coa participación da banda As Monchas.

 

Este ano, segundo informou a organización, houbo dous percorridos distintos pola cidade en función da idade do alumnado.

De Pontevedra estaban inscritos o CEIP Espedregada, o CEIP A Xunqueira 2, o CEE Pontevedra, o CEIP Praza de Barcelos, o IES A Xunqueira 1, o CEIP Parada Campañó, o CEP Campolongo, o CEIP Manuel Vidal Portela, o CEIP San Martiño, o CEIP Santo Andrés de Xeve, o IES Luís Seoane, o IES Frei Martín Sarmiento, o CEIP Daría González García e o CEP Marcos da Portela. De Poio, o CEIP Isidora Riestra e o IES de Poio. De Ponte Caldelas, o IES Pontecaldelas. De Vilaboa, o CPI do Toural. De Portas, o CPI Domingo Fontán. E de Soutomaior, o CPR Santiago Apostol.

Cativada na festa do Correlingua na Alameda. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
Cativada na festa do Correlingua na Alameda. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

Comentarios