Pontevedra recuerda el bicentenario del nacimiento del precursor Pintos

'A gaita gallega' foi o primeiro libro escrito en galego no século XIX e por iso o seu autor, Xoán Manuel Pintos Villar, está considerado como un dos precursores do Rexurdimento xunto co poeta Francisco Añón. Hai diso, da publicación desa obra que combina prosa e verso para debullar costumes de Galicia e gabar a súa lingua, 138 anos, un tempo que convertiu a figura de Pintos en moitas memorias en só un nome máis lido algunha vez nun libro de texto.

Rescatalo do seu confinamento é o obxectivo da serie de actividades que se van realizar en Pontevedra, cidade onde naceu hai 200 anos, durante este 2011 e que comezan este sábado. Ata a cidade do Lérez trasladouse a Real Academia Galega (RAG) para celebrar no Teatro Principal unha sesión extraordinaria pública. Con motivo do bicentenario do nacemento de Pintos, seis académicos departirán sobre a figura e obra do precursor. Son o presidente Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Luis Axeitos, Rosario Álvarez, Xosé Ramón Barreiro e Xesús Alonso Montero.

Por parte do Concello, quen ten previstos varias actividades durante todo o ano, acoderá tamén o alcalde pontevedrés, Miguel Anxo Fernández Lores. A concellería de Normalización Lingüistica da corporación é a encargada de organizar roteiros e congresos, como o que prevé celebran en febreiro sobre 'A gaita gallega'.

O acto deste sábado deu comezo ás 12.00 horas e rematará cunha degustación de viño no Pazo de Mugartegui na memoria de Pintos. Nacido en Pontevedra e finado en 1876 en Vigo, o precursor do rexurdir da cultura galega ten especial trascendencia pola súa procedencia das clases altas. Foi avogado na Coruña e Pontevedra e tamén foi xuíz en Cambados.

Aínda que a súa única obra publicada en vida é 'A gaita gallega', no seu haber figuran colaboracións con xornais da época editados en Pontevedra -El País e La Perseverancia- e outros poemas soltos. En 1975 adicóuselle o Día das Letras Galegas.

Comentarios