Pontevedra decláralle o seu amor incondicional aos libros

Nobel e Cronopios agasallan flores. DAVID FREIRE3
photo_camera Nobel e Cronopios agasallan flores. DAVID FREIRE3

Encontros con autores, descontos, agasallos para os clientes, sinaturas de exemplares, recitais... Pontevedra centrouse este luns na celebración do Día do Libro. Fixérono, sobre todo, as librerías da cidade que, convocadas polo Concello, organizaron unha programación de actividades arredor do 23 de abril. En concreto, foron trece as que se apuntaron á festa: Aviones de Papel, Cao, Clip, Cronopios, D-Lectum, El Pueblo, Escolma, Nobel, La Nube de Papel, Metáfora, Patakafrita, Paz e Seijas.

O Concello tamén aproveitou a data para anunciar o nome do gañador do I Certame María Victoria Moreno, que convoca xunto á editorial Urco. Fíxoo no marco do Salón do Libro Infantil e Xuvenil. E o gañador está precisamente vinculado a este evento, para o que escribiu o seu último traballo, a novela Escaquis e Romeu. Foi o autor coruñés Antonio Manuel Fraga. Desta vez, a obra recoñecida foi O bestiario científico de Anxos Nogueirosa.

Segundo explicou Andrea Jamardo, de Urco, no nome do xurado, o traballo destaca "pola fortaleza dos personaxes femininos e pola introdución do bestiario máxico galego nun contexto histórico".

4.000 EUROS. Pola súa obra, seleccionada entre 31 orixinais "de moita calidade", segundo o xurado, Fraga recibirá os 4.000 euros do galardón. Ademais, a súa historia será ilustrada por un autor por determinar. A intención de Urco é presentala no próximo Culturgal.

Ademais, o xurado (conformado por Montse Pena, Eli Ríos, Andrea Martínez, Carmen Hermida e Andrea Jamardo) seleccionou dúas obras finalistas, Be Water e Irmá Paxaro, que quedan á espera de poder ser publicadas.

Un día moi especial

PONTEVEDRA. Paz convida a Café con libros

Libraría Paz convida a 'Café con libros'. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

Dezasete escritores e xornalistas participaron onte, na Libraría Paz, nuns encontros non-stop, agrupados baixo o lema Café con libros, que se prolongaron todo día. Míriam Ferradáns, Eva Mejuto, María Lado e Xosé Monteagudo foron algúns dos convidados. [JAVIER CERVERA-MERCADILLO]

PONTEVEDRA. Nobel e Cronopios agasallan flores

Nobel e Cronopios agasallan flores. DAVID FREIRE

Con dous agasallos sorprendían no Espazo Lector Nobel aos clientes que se achegaron onte a mercar libros. Para os cativos tiñan uns taquiños de notas e para os adultos, rosas. Na librería Cronopios tamén agasallaban con flores a todos os que se facían con algún título. [DAVID FREIRE]

PONTEVEDRA. López Salgueiro visita Escolma

Rosanna López Salgueiro visita Escolma. RAFA FARIÑA

Varias librerías optaron por convidar a autores a asinar exemplares. Foi o caso de Aviones de Papel e La Nube de Papel, que tiveron facéndoo a Adrián Morgade, e Escolma, que levou a Rosanna López Salgueiro a asinar Artículos de Diario, o libro que fixo cos seus textos de Diario de Pontevedra. [RAFA FARIÑA]

PONTEVEDRA. Fallo do Premio María Victoria Moreno

Fallo do Premio María Victoría Moreno. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

Antonio Manuel Fraga é o gañador do I Premio María Victoria Moreno. O autor de Pontedeume fíxose co galardón da primeira edición deste certame co nome da homenaxeada o Día das Letras Galegas 2018 por unha obra titulada O bestiario científico de Anxos Nogueirosa. O xurado deu a coñecer o seu fallo onte no Salón do Libro Infantil e Xuvenil. [JAVIER CERVERA-MERCADILLO]

MARÍN. Os nenos do CEIP da Laxe apadriñan lecturas

Os nenos do CEIP da Laxe apadriñan lecturas. CEIP DA LAXE

O CEIP da Laxe, en Marín, celebrou o día do libro "cun emotivo acto" que consistiu en que os alumnos maiores apadriñaran lecturas para os máis pequenos. Así, por parellas, os nenos léronlle un conto aos seus compañeiros. "Os máis pequenos de Educación Infantil estaban moi interesados nas lecturas que lles facían os seus padriños", explica o cole. [CEIP DA LAXE]

SANXENXO. Mujeres fuertes

Obra 'Mujeres fuertes' en el CEIP Nantes. CEIP NANTES

O CEIP Nantes celebrou o 23 de marzo da man da ONG Plan Internacional. No centro representouse a obra Mujeres fuertes, de Marina Izquierdo, que interactuou cos nenos a través dunha videoconferencia. [CEIP NANTES]

SANXENXO. Os libros van aos nenos

Os libros van aos nenos en Sanxenxo. CONCELLO DE SANXENXO

O persoal das bibliotecas de Sanxenxo trasladouse ás escolas infantís O Tombo e O Revel para levar a cabo unha sesión de contacontos cos nenos e nenas de cada unha delas. [CONCELLO DE SANXENXO]

A ESTRADA. O xogo dos Pereiriños 

O xogo dos Pereiriños. CEIP DO FOXO

Os alumnos do CEIP do Foxo (A Estrada) celebraron o Día do Libro cun xogo de pistas titulado O xogo dos Pereiriños: Ás agachadas con Fuxú. Fuxú é a mascota da biblioteca do centro. ceip do foxo

LALÍN. O alcalde visita a Biblioteca

Rafael Cuíña visita la Biblioteca. CONCELLO DE LALÍN

O alcalde de Lalín, Rafael Cuíña, achegouse á biblioteca do instituto Laxeiro, onde tivo a oportunidade de conversar sobre libros e realizar diferentes recomendacións literarias ao alumnado do centro. concello de lalín

Comentarios