Pontevedra réndese a Sebastião Salgado

Unha exposición da Obra Social La Caixa instala 38 fotos da serie 'Xénese' na Praza da Ferrería

Un instante da inauguración da exposición de Sebastião Salgado en Pontevedra. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera Un instante da inauguración da exposición de Sebastião Salgado en Pontevedra. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

As fotos de Sebastião Salgado, un dos fotógrafos máis prestixiosos do mundo, poden verse a pé de rúa en Pontevedra. A Obra Social La Caixa e o Concello inauguraron, na Praza da Ferrería, Xénese, unha mostra que reúne 38 instantáneas do autor brasileiro. Aquí permanecerán ata o 16 de decembro

O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores; a directora de Área de Negocio de CaixaBank en Pontevedra, Cristina Vega; e o representante da obra do fotógrafo en España, Miguel González, participaron na apertura ao público desta mostra enmarcada nas actividades culturais anuais que realizan conxuntamente a obra social do banco catalán e o Concello.

"Son imágenes tomadas tras 32 expediciones a cinco zonas geográficas de la Tierra no alteradas por el hombre, lugares recónditos como son el Ártico, la Antártida, África, la Amazonía y una serie de islas como las Galápagos", explicou Miguel González. "Como dijo el propio Salgado, esta es una oda visual a la majestuosidad de la Tierra". 

Comentarios