"De Pontevedra saíu unha morea de talento"

Dende que en 2013 se creou o premio Mercedes-Benz Fashion Talent na pasarela da Madrid Fashion Week (a antiga Cibeles), tres alumnos de Esdemga, a escola de moda da Boa Vila, fixéronse co galardón. Un deles en dúas ocasións. A punto de que Sabela Juncal participe na Allianz Ego, este é o balance que fan todos os premiados
Deseño dunha das coleccións de Rubearth que gañou o premio Mercedes-Benz Fashion Talent. MBFW
photo_camera Deseño dunha das coleccións de Rubearth que gañou o premio Mercedes-Benz Fashion Talent. MBFW

Catro premios Mercedes-Benz Fashion Talent, nos dez anos de existencia do galardón, conseguiu o alumnado do mestrado de Deseño e Moda de Galicia (Esdemga). O día 19 de febreiro, outra deseñadora formada en Pontevedra, Sabela Juncal, participará na pasarela de novos creadores da Mercedes-Benz Fashion Week Madrid (coñecida anteriormente como Cibeles), a Allianz Ego. Ela aspira a facerse co recoñecemento que xa conseguiron Elena Rial (setembro de 2016), Melania Freire (xaneiro de 2019) e Gabriel Nogueiras (abril de 2021 e marzo de 2022). A todos eles hai que sumar outro pontevedrés, David Méndez, da marca Outsiders Division, formado na facultade de Belas Artes, que tamén gañou o premio en dúas ocasións (setembro de 2017 e xullo de 2018). Antes de que existise este galardón, xa outros estudantes de Pontevedra, como Amai Rodríguez (no ano 2009), se fixeran co recoñecemento ao mellor novo deseñador de España que se entregaba nesta pasarela, daquela co nome de Premio L'Oreal Ego.

"O primeiro Debut [o desfile no que o alumnado de Esdemga mostra os seus traballos de fin de estudos] foi en 2007. E ese mesmo ano xa se seleccionaron tres coleccións para participar en Ego", lembra a directora do mestrado de deseño e moda de Pontevedra, Lola Dopico. "Dende ese momento, non en todas, pero en case todas as edicións hai algunha colección saída de Esdemga. Máis alá dos premiados, a listaxe de participantes é moi longa e iso dá conta do bo traballo que está a facer por parte do estudantado. É moi significativo".

Lola Dopico
"Participar no Ego é moi significativo: aos creadores ábrelles portas e á escola indícalle se está a facer as cousas ben"

Para Dopico, a participación en Ego é importante. "A moitos niveis. O primeiro, para o propio alumnado, que realiza un gran esforzo para sacar adiante as súas propostas e que, na posibilidade de levalas a unha pasarela como a de Madrid, atopa un aliciente importante", explica. "Que a maiores se conseguiran todos eses premios é moi bo tanto para os creadores, por suposto, porque lles abre portas e porque os conecta con novos horizontes, como para a escola, sen dúbida, porque dalgunha maneira nos indica se estamos a facer as cousas ben e se estamos formando á xente para que poida competir a nivel nacional e internacional. Eu valóroo moi positivamente".

Deseño de Elena Rial premiado en  2016. MBFW
Deseño de Elena Rial premiado en 2016. MBFW

Entre as deseñadoras e deseñadores que foron premiados co Mercedes-Benz Fashion Talent hai distintas opinións sobre a importancia que o galardón tivo para eles. Todos coinciden na proxección que lles deu naquel momento, pero despois analizan de xeito diferente a relevancia real do recoñecemento.

Elena Rial, que traballa agora mesmo nun posto de deseño en Inditex, foi seleccionada en tres ocasións para participar en Ego e gañou o premio coa última das coleccións que presentou. "Aunque yo gané ese galardón después, para mí es inevitable relacionar mi paso por Ego con mi paso por Esdemga. Porque la primera colección que presenté fue la misma que la de mi proyecto de fin de estudios. Sacar adelante ese trabajo es muy complicado. Hay poco tiempo, mucho estrés... Al final haces la colección como puedes. Sin embargo, ahora, con el paso del tiempo, es inevitable recordar todo aquello con cierta añoranza", conta. "Con respecto a lo que supuso el premio para mí, es innegable la visibilidad que tiene. Al final, es un premio nacional. Yo personalmente guardo muy buen recuerdo de todo lo que significó".

Elena Rial
"Es innegable la visibilidad que tiene este galardón. Al final, es un premio nacional. Guardo muy buen recuerdo de todo lo que significó para mí"

Melania Freire
"Siento que ganar el premio ha marcado una diferencia sustancial en la manera en la que se me percibe como diseñadora"

Melania Freire ocúpase actualmente da dirección artística da exposición Fuxan os Ventos: 50 anos de historia, que itinerará por toda Galicia. "Es un proyecto muy especial para mí porque mis padres se conocieron gracias a Fuxan os Ventos y porque el propio grupo ha sido una referencia cultural y musical para Galicia". Entre os proxectos nos que estará involucrada este ano hai varios audiovisuais nos que exercerá como directora de arte. "Y estoy con la creación del concepto, vestuario y escenografía para un grupo de música, para el que planteo hacer una pequeña colección".

Para ela, o Mercedes-Benz Fashion Talent funcionou como unha plataforma. "Siento que haber ganado el premio ha marcado una diferencia sustancial en la manera en la que se me percibe como diseñadora y contribuye a que se abran ciertas puertas que, de otra manera, quizás serían un poco más complicadas de abrir. También me ha permitido conocer a estilistas y fotógrafos fantásticos y ver mis prendas en editoriales de moda de revistas que admiro".

David Méndez (Outsiders Division)
"Supón facerse co respaldo da industria da moda, pero o que axudaría de verdade aos novos creadores sería un premio económico"

Gabriel Nogueiras (Rubearth)
"Emocionalmente es importante, pero para la marca también. De repente cuentas con algo que te hace sobresalir del resto"

David Méndez gañou en dúas ocasións o premio coa súa marca, Outsiders Division, da que está preparando agora mesmo a colección que presentarán en maio na pasarela 080 Barcelona Fashion. O mozo, que estudou Belas Artes e non pasou por Esdemga, recoñece que Pontevedra se converteu en poucos anos nunha referencia. "É innegable que de Pontevedra saíu unha morea de talento", di. El é tamén o máis crítico co que supón recibir este premio. "Por un lado, supón facerse co respaldo da industria da moda, na que é moi difícil entrar. Pero, por outro, non supón nada máis. Eu daríalle unha volta a iso. Porque levarte a desfilar a unha pequena pasarela de Praga ou Budapest, como foi o noso caso, non supón realmente nada importante. Dar un premio económico ou xestionar unha colaboración cunha marca grande penso que serían galardóns máis relevantes para os novos creadores. Calquera desas dúas cousas axudaría realmente moito máis".

Tamén en dúas ocasións gañou o premio Gabriel Nogueiras, que na actualidade prepara o relanzamento da súa marca, Rubearth. "La primera vez te quedas un poco en shock y no sabes muy bien cómo enfrentar todo lo que se te viene encima. La segunda vez, para mí fue más fácil de gestionar toda esa proyección que te ofrece", explica. "Emocionalmente, recibir el premio es muy importante. Pero para la marca también. De repente cuentas con un respaldo, con algo que te hace sobresalir del resto. Obviamente te abre muchas puertas".

Comentarios