Pontevedra sofre 'Vertixe sonora'

O festival de música contemporánea, que se celebra en distintos espazos da provincia, inclúe nove concertos na súa sexta edición ▶Neopercusión abre as actuacións este xoves no Pazo da Cultura ►Todos os concertos do festival son de entrada libre e gratuíta ata completar aforo

Ignacio Barcia, Manuel Morquecho, Carmen Fouces e Ramón Souto, na Casa das Campás. GONZALO GARCÍA
photo_camera Ignacio Barcia, Manuel Morquecho, Carmen Fouces e Ramón Souto, na Casa das Campás. GONZALO GARCÍA

"El festival Vertixe sonora es un evento de referencia fuera de Galicia, a nivel internacional, y eso le permite, entre otras cosas, contar entre sus colaboradores con más de 20 entidades de todo el mundo, desde la Alcaldía de París a la Universidad del Norte de Texas". O creador e profesor da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, Ignacio Barcia, foi un dos encargados de presentar este mércores a sexta edición do festival Vertixe Sonora en Pontevedra, un evento arredor da música contemporánea que se celebrará entre este xoves e o 5 de novembro en distintos espazos da capital da provincia, Vigo e Cangas. Nove concertos compoñen a programación do ciclo, que tamén inclúe de forma paralela a celebración de cinco programas educativos que tratan de achegar a música de vangarda a todos os públicos (concertos didácticos, charlas, encontros con escolares, master class cos artistas e proxectos experimentais con centros educativos).

Programación Vertixe sonoraBarcia estivo acompañado o mércores, na Casa das Campás, polo director da Área de Dinamicación Cultural do Campus de Pontevedra, Manuel Morquecho; pola concelleira de Cultura, Carmen Fouces, e polo director artístico de Vertixe sonora, Ramón Souto. Se o profesor de Belas Artes explicou as razóns da Universidade de Vigo para involucrarse neste festival ("nuestro papel como agente cultural debe estar ligado a la cultura de vanguardia, a la creación como generadora de conocimiento y a su transmisión"), Souto foi o encargado de debullar unha programación que inclúe seis concertos na cidade de Pontevedra, incluídos o inaugural e o de clausura.

O Pazo da Cultura é o espazo que acolle este xoves a primeira das propostas do festival. "Está protagonizado por un dos grupos de música contemporánea máis importantes a nivel estatal, Neopercusión". Realizado co apoio da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, Espellos, cintas, berros, almofadas e choiva é un concerto, "moi divertido, que mestura percusión, performance e música electrónica", que estará adicado integramente a mulleres compositoras. "Propón un achegamento á musica na que os instrumentos tradicionais están desaparecidos e na que se empregan dende lanternas máxicas a mesas de ping pong".

IGREXAS. Dos outro cinco concertos que terán lugar na cidade, tres terán lugar en igrexas: Santa María, San Bartolomé e San Francisco. "Sempre tratamos de escoller espazos con boa sonoridade", explicou Manuel Morquecho.

As outras dúas actuacións (4 e 6 de outubro) terán lugar na Casa das Campás e nun espazo por confirmar. Na primeira delas o protagonista será o acordeón microtonal, "un instrumento aínda por desenvolver que se poderá escoitar por primeira vez en Galicia". Na segunda, "na que colaboran dous acróbatas", mestúranse música, circo e literatura.

JOSÉ ÁNGEL VALENTE. A Basílica de Santa María repite como escenario de Vertixe sonora. Desta vez acollerá un concerto da violinista polaca residente en Manchester Linda Jankowska.

As actuacións trasladaranse despois á Igrexa de San Bartolomeu, onde o saxofonista valenciano Ricard Capellino intepretará seis pezas do compositor Alberto Posadas a partir de textos do poeta José Ángel Valente.

A clausura do festival terá lugar na Igrexa de San Francisco, onde actuará o chelista do ensemble Vertixe sonora Thomas Piel.

Comentarios