Marta Pazos dirixe a Christina Rosenvinge en 'Safo Fragmento 36'

A obra suporá o debut da dramaturga pontevedresa no Festival de Teatro Clásico de Mérida ▶ "Safo non é a musa, é o xenio", di Pazos sobre a poeta grega que inspirou o seu traballo
Christina Rosenvige. DAVID RUANO
photo_camera Christina Rosenvige nunha imaxe promocional da obra. DAVID RUANO

A dramaturga, actriz e directora pontevedresa Marta Pazos aliouse coa actriz e cantante Christina Rosenvinge na posta en escena Safo Fragmento 36, que se estreará no Festival de Teatro Clásico de Mérida no mes de xullo. "Safo non é a musa, é o xenio", di Pazos, en palabras facilitadas polos responsables de comunicación da obra. "As artistas visitarán por primeira vez o Teatro Romano da localidade estremeña cunha proposta que percorre o universo da gran poeta de Lesbos, venerada e enigmática, que compuxo máis de dez mil versos, dos que apenas nos chegaron poemas completos", sinalan dende a produción. 

Christina  Rosenvinge asina a dramaturxia da peza, xunto a Pazos e María Folguera, e asume, ademais, a dirección musical e a interpretación de Safo, así como a composición das cancións orixinais que poderán escoitarse no espectáculo. E é que, segundo din, a obra está concibida como un poema visual, musical y escénico.

A posta en escena transita entre o oculto e o revelado. Safo asolágao todo

Para este traballo, a directora de escena pontevedresa inspirouse en referentes como Vanessa Beecroft, Paula Rego, Patty Carrol, Mathew Barney, Ángela de la Cruz ou Christo and Jeanne- Claude. En palabras de Pazos: "A posta en escena de Safo Fragmento 36 transita entre o oculto e o revelado. Nun diálogo constante entre o que se perdeu e o que permaneceu ao longo dos séculos, a plástica escénica xira en torno ao estudo da propia iconografía da poeta. Safo asolágao todo", explica Pazos. "O sol de  Lesbos desaparece e ela é unha choiva encantadora que derrite os corpos de mármore, que toman vida. Aparece coa súa lira dourada e o ouro salpica as imaxes simbólicas que a través do corpo palpitante as intérpretes que forman paisaxes de tempo suspendido". E remata: "O propio teatro é Safo e, como o corpo da poeta en numerosas representacións, aparece envolto por tecidos cor peonía como flores de ramo de noiva. A arquitectura está ante os ollos, pero non se revela completa, do mesmo xeito que na propia historia da poeta, onde sempre hai algo que non deixa ver a súa xenialidade de forma plena".

No elenco de Safo Fragmento 36, unha coprodución de Teatre Romea, Festival Internacional de Teatro Clásico de MéridaGrec 2022 Festival de Barcelona, destacan figuras da escena musical contemporánea como Irene Novoa, Xerach Peñate, Lucía Rey ou Juliane Heinemann, que acompañan sobre as táboas á propia Rosenvinge

Comentarios