O Porriño acolle do 26 ao 29 de maio a súa Feira do Libro

O evento estará aberto en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 h. ► Haberá un 10% de desconto en todos os libros
Libros. PIXABAY
photo_camera Libros. PIXABAY

O barrio de San Bieito será o escenario da Feira do Libro do Porriño 2022. Do 26 ao 29 de maio, en horarios de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 h. –aínda que o primeiro día só abrirá en horario de tarde–, quen o desexen poderán achegarse ata o lugar para desfrutar das actividades programadas. Ademais, os asistentes terán un desconto do 10% en todos os libros.

Nesta iniciativa participan: Libraría Recondo, Libraría Paz, Deputación de Pontevedra, Libraría Copi Rey, Libraría Pedreira e Libraría Uróboros.

¡Achégate e desfruta deste encontro cultural no Porriño!

Programa das actividades da Feira do Libro do Porriño, por días. DP
Programa das actividades da Feira do Libro do Porriño, por días. DP