sábado. 11.07.2020 |
El tiempo
sábado. 11.07.2020
El tiempo

Os Premios [email protected] abren este mércores o prazo de inscrición da súa cuarta edición

O cartel de Youtubeiras 2020
O cartel de Youtubeiras 2020
Os galardóns, que este ano teñen como lema ‘Expandir a Rede’, aumentan a súa dotación neste 2020 ao repartir un total de 7.500 euros entre as persoas gañadoras da ducia de categorías nas que se divide o certame nesta cuarta edición 

Os Premios [email protected], organizados polos servizos de normalización lingüística de dez concellos, das tres universidades e da Deputación da Coruña, lanzan a súa cuarta edición con cambios significativos nas súas bases e un incremento da súa dotación económica, que pasa dos 6.500 euros de 2019 a 7.500 euros para repartir nas doce categorías do certame neste ano.

O concurso estará aberto a todas as persoas maiores de 14 anos con canles e/ou vídeos en galego, autoproducidos, subidos a Youtube e que estean publicados con data posterior ao 27 de setembro de 2019. No caso de presentar unha canle, esta debe conter polo menos 5 vídeos, maioritariamente en galego e realizados con posterioridade a esa mesma data.

Deste xeito, os Premios [email protected] regresan por cuarto ano consecutivo co obxectivo de animar a creación de vídeos con temáticas e formatos diversos, dende vídeos de deportes, viaxes ou videoxogos até vídeoblogs políticos ou vídeoconsellos de moda. Ao tempo, buscan darlles visibilidade tanto á produción en galego coma á comunidade creadora e Expandir a Rede, como versa o lema deste ano.

Ampliación de  categorías

Unha das grandes novidades desta cuarta edición de [email protected] será a reorganización e ampliación das diferentes categorías. Se en 2019 o certame estaba dividido en oito galardóns, para este 2020 contémplanse doce diferentes. Así, o concurso contará cos seguintes premios: canle, vídeo, [email protected], calidade lingüística, impacto, calidade técnica, comunicación, creatividade, musical, didáctico, pioneiro e premio do público. Os tres primeiros acompañaranse cunha dotación económica de 1.000 euros, mentres que os nove restantes chegarán aos 500 euros. En total, [email protected] repartirá entre as persoas gañadoras 7.500 euros.

A iniciativa está organizada polos servizos de normalización lingüística dos concellos da Baña, Ames,  O Grove, Moaña, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Rianxo, Santiago e Teo, das universidades da Coruña, Santiago e Vigo e da Deputación da Coruña

O palmarés desta cuarta edición será escollido un ano máis por un xurado profesional, conformado por persoas de recoñecido prestixio. Nesta ocasión, estará conformado por Brais Romero, crítico audiovisual e director da revista A Cuarta Parede; Matías Tarrío, xornalista, redactor e director de programas de televisión; Rosa Moreiras, técnica do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames; Xoana, compositora e cantante; e a xornalista audiovisual Mabel Montes. O xurado decidirá a relación de finalistas en cada apartado con anterioridade ao acto de entrega e non poderá deixar deserta ningunha das categorías. 

Prazo de inscrición

O prazo para inscribir os vídeos e canles no Premio [email protected] abre este mércores, 27 de maio de 2020, e pecharase o 23 de outubro de 2020 ás 23.59 horas. Cada participante debe inscribirse a través do formulario que figura na web www.youtubeiras.gal, onde se poden consultar as bases completas desta cuarta edición. 

Premio do Público

O único galardón que non decidirá en exclusiva o xurado será o Premio do Público. Nesta cuarta edición, serán os/as seguidores/as quen propoñan os seus vídeos preferidos para concorrer neste apartado. As propostas poderanse facer só a través do formulario habilitado na páxina web do Proxecto [email protected], cumprirán cos mesmos requirimentos das bases xerais e realizaranse antes do 23 de outubro de 2020. Entre o 2 e o 16 de novembro, abrirase a través das redes sociais un formulario de votación. Os tres vídeos que reciban máis votos do público pasarán ao xurado dos premios, que ratificará a votación do público logo de comprobar que cumpre as bases xerais

Os Premios [email protected] abren este mércores o prazo de inscrición da...
Comentarios