Os profesores Boaventura de Sousa e Ángeles Ramírez estarán na Semana Galega de Filosofía

O evento da Aula Castelao, que se celebrará entre o 22 e o 26 de abril, estará adicado ás fronteiras

Presentación da Semana Galega da Filosofía. JAVIER CERVERA
photo_camera Presentación da Semana Galega da Filosofía. JAVIER CERVERA

O Teatro Principal acollerá entre o 22 e o 26 de abril a XXXVI Semana Galega de Filosofía que leva por lema Filosofía e fronteira. Ana Regueira e Montse Bragado, da Aula Castelao, avanzaron, durante a súa xuntanza anual co alcalde de Pontevedra, para informalo da programación do evento, dous dos convidados desta edición: o profesor portugués Boaventura de Sousa e a arabista Ángeles Ramírez.

En funcion de que definimos as fronteiras; por que se asinan tratados para que non existan cando se fala de capitais, pero si se manteñen cando falamos da mobilidade das persoas, ou como España se debate entre afirmar ou negar a pluralidade nacional xon algunhas das cuestións que se analizarán ao longo das 15 ponencias que compoñen a programación definitiva da Semana, que a Aula Castelao presentará nos vindeiros días.

Comentarios