Prosegue a campaña de crowfunding do documental protagonizado por Beiras

Segundo a cantidade aportada, que abrangue dende os 15 ata os 500 euros, a productora estableceu unha serie de recompensas para todos os que se animen a colaborar co proxecto ►Nesta cinta será a primeira vez que Beiras acceda a repasar en profundidade a súa vida pública e privada nun documental

Beirasvivirduasveces
photo_camera Imaxe promocional do proxecto. OlloVivo

Ata o sábado 4 de agosto está aberto o prazo para colaborar no financiamento de Beiras. Vivir dúas veces, un documental sobre o cofundador do BNG e Anova que se estreará na primavera de 2019. O proxecto, que será a primeira longametraxe da produtora galega OlloVivo -constituída por Pepe Coira, Jorge Coira e Gaspar Broullón- ten aberta desde o pasado día 25 unha campaña de micromecenazgo a través da plataforma Verkami.

A campaña está a ter unha excelente acollida e se atopa a piques de alcanzar o 50% do seu obxectivo en tan só doce días ►Os interesados en colaborar poden facelo a través deste link

Segundo a cantidade aportada, que abrangue dende os 15 ata os 500 euros, a productora estableceu unha serie de recompensas para todos os que se animen a colaborar co proxecto. Deste xeito, os participantes poderán obter acceso ao visionaido online do documental, a copias en DVD, carteis, ilustracións orixinais, convites á estrea ou mesmo á precompra de pases ou obradoiros coa presenza dos membros do equipo do proxecto.

Tal e como sinalan os promotores, esta será a primeira vez que Beiras acceda a repasar en profundidade a súa vida pública e privada nun documental, empregando a conversa con distintas personaxes e a visita a diferentes espazos e momentos que foron claves na súa vida e na nosa historia recente. 
 

Comentarios