"Que lle regalaría Iván a Lores por San Valentín?"

Equipo Ja, Os discípulos de Juan de la Meca, Janas de Leria, A Tropa de Moncha A Caralla e Leña Verde participan na segunda eliminatoria do Concurso de Murgas de Pontevedra
photo_camera Vuelve a ver la segunda semifinal del XXXII Concurso de Murgas de Pontevedra

"Ya sé que soy solo una zorra / pero en Campañó todos me adoran...". Facéndolle unha chiscadela á canción de Nebulossa que representará a España no Festival de Eurovisión arrancou, este mércores, a segunda eliminatoria do XXXII Concurso de Murgas de Pontevedra. Un ateigado auditorio do Pazo da Cultura aplaudiu as actuacións do Equipo Ja, Os discípulos de Juan de la Meca, Janas de Leria, A Tropa de Moncha A Caralla e Leña Verde.

Os encargados de abrir a noite foron os responsables do salón de peiteado do Equipo Ja, que lle cantaron aos políticos locais, con especial atención á relación entre BNG e PSOE. "Non sei que lle regalaría Iván a Lores polo San Valentín", bromearon entre tema e tema.

A infanta Leonor foi un dos personaxes que se puido ver na actuación do Equipo Ja no Concurso de Murgas. DAVID FREIRE
A infanta Leonor foi un dos personaxes que se puido ver na actuación do Equipo Ja no Concurso de Murgas. DAVID FREIRE

Os feirantes, o partido de fútbol da Selección Española Feminina no estadio de Pasarón, a Infanta Leonor e o novo presidente da Arxentina tamén protagonizaron algunhas das súas letras. 

Máis tarde, varias destas cuestións, como a do Mercado, tamén foron tratadas polo outro grupo pontevedrés, Leña Verde. Mentres, Jana de Leria e A Tropa de Moncha A Caralla centraron as súas referencias á súa localidade de orixe, O Grove.

O xurado do certame, composto polo Rei Urco, Pilar Comesaña (BNG), Beatriz Rey (PP), Manuel Fariña (PSOE), Chiqui Viñas, José Luis Aboal e Oswaldo García, puntou as actuacións da noite como xa fixeran coas das agrupacións que actuaron o pasado luns e que foron Murga do Naveiro, Os Barallocas, Val do Lérez e Os Arrombados. As que tiveron as maiores puntuacións serán as que que pasen á final, que terá lugar este xoves, ás 21.00 horas (entrada de balde ata completar cabida), no Pazo da Cultura. O espectáculo pódese seguir tamén por streaming a través da canle de YouTube do Concello de Pontevedra.

Comentarios