Queco Lago estrea as cancións de 'Perspectiva' na sala Karma

O músico pontevedrés presenta o seu primeiro EP este venres acompañado da súa banda
O músico pontevedrés Queco Lago. GONZALO GARCÍA
photo_camera O músico pontevedrés Queco Lago. GONZALO GARCÍA

Perspectiva é o título do primeiro disco que publica o músico pontevedrés Queco Lago. Trátase dun EP de tres temas que presentará este venres a noite (21.30 horas) na sala Karma. As entradas (7 euros) están á venda aquí.

Rodrigo Valiente (baixo), Julio Esteban (batería) e José Lázaro (guitarra eléctrica) son os músicos que acompañarán ao artista sobre o escenario. En outubro do ano pasado publicou o seu primer single, Mírame. O 25 de febreiro saíu o segundo, Clímax. O último foi Su musa.

Lago, que é o coordinador de Black Hole, as noites de micro aberto que tamén se celebran en Karma, recoñece que coa saída deste EP quere afianzar a súa carreira. "Después de muchos años tocando, ahora que he reunido estas canciones más sólidas, me he animado a publicarlas".