Ramón Rozas, candidato ao Premio do Libro na categoría de Xornalismo Cultural

Entre os candidatos atópanse tamén autores como Suso de Toro, Manuel Rivas, Eva Mejuto ou Henrique Alvarellos
Ramón Rozas. RAFA FARIÑA
photo_camera Ramón Rozas. RAFA FARIÑA

O crítico cultural de Diario de Pontevedra, Ramón Rozas, é un dos cantidatos ao Premio Follas Novas do Libro Galego na categoría de Xornalismo Cultural pola súa traxectoria neste ámbito. Con el, están nomeados o crítico Ramón Nicolás e máis a xornalista Montse Dopico.

Entre os candidatos atópanse tamén autores como Suso de Toro ou Manuel Rivas, polas súas obras máis recentes.

A nivel local, a escritora Eva Mejuto opta a dous premios polo seu libro A lavandeira de San Simón, ilustrado por Bea Gregores. Ademais, o Salón do Libro de Pontevedra é un dos proxectos nomeados dentro da categoría de iniciativa cultural de fomento da lectura. Henrique Alvarellos é candidato a recibir o recoñecemento na categoría de Investigación polo seu libro Federico García Lorca en Santiago de Compostela

Por outra parte, o ilustrador de Bueu Marc Taeger opta a un premio na categoría de libro ilustrado pola obra Extra! (Kalandraka).

Comentarios