Miércoles. 22.05.2019 |
El tiempo
Miércoles. 22.05.2019
El tiempo

A Real Academia leva a homenaxe a Fraguas á súa escola de Cotobade 

Antonio Fraguas. RAG
Antonio Fraguas. RAG

Organizará un pleno aberto a toda a cidadanía na carballeira de Famelga

A Real Academia Galega celebrará o seu acto de homenaxe á figura de Antonio Fraguas, o homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, ao pé da escola na que o profesor e investigador cursou estudos na súa terra natal, en Cotobade. 

A institución académica organizará así un pleno aberto a toda a cidadanía na carballeira de Famelga, na parroquia de Augasantas, un espazo "fundamental" na traxectoria vital de Fraguas ao situarse ante a escola onde, por primeira vez, un profesor viu o potencial do mozo de Cotobade, que acabaría sendo un destacado intelectual e un importante etnógrafo. 

O acto, que se celebrará a partir das 11.30 horas o 17 de maio, contará coas intervencións de Clodio González, Fina Casalderrey e Francisco Díaz Ferros, que abordarán as distintas perspectivas sobre o legado do intelectual e académico, ademais de Víctor Freixanes, presidente da RAG, que pechará o evento. 

A Real Academia leva a homenaxe a Fraguas á súa escola de Cotobade 
Comentarios