O realizador Pablo Cacheda volverá coordinar 'Pontevedra rodando'

O obxectivo do obradoiro, de carácter gratuíto e eminentemente práctico, é dar unha serie de claves básicas sobre o que é unha rodax

O realizador pontevedrés Pablo Cacheda. ADP
photo_camera O realizador pontevedrés Pablo Cacheda. ADP

O realizador pontevedrés Pablo Cacheda (Clases de lo Social, Superpunky) volverá exercer de coordinador do obradoiro audiovisual Pontevedra rodando. Precisamente foron el e a concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías, os encargados de presentar a segunda edición desta iniciativa, que pretende achegar o mundo o audiovisual a persoas de todas as idades ao tempo que promove a realización de curtametraxes na cidade.

"É moi grato repetir esta experiencia porque introduce no mundo audiovisual a moita xente e fai de Pontevedra un plató de rodaxe", apuntou Anabel Gulías.

Pontevedra rodando, que promove a Concellería de Promoción da Cidade, a través da oficina da Film Commission, desenvolverase en distintas xornadas do mes de maio na Casa da Luz.

O obxectivo do obradoiro, de carácter gratuíto e eminentemente práctico, é dar unha serie de claves básicas sobre o que é unha rodaxe. No curso pódense inscribir (dende o pasado 1 de abril) persoas de entre 13 e 90 anos. Segundo se explicou na presentación da proposta, abriuse a franxa de idade (anteriormente reducida basicamente a mozos) debido ao interese que espertou a iniciativa durante a primeira edición.

Os interesados en apuntarse deben dirixirse á dirección de correo electrónico: [email protected].

Comentarios