Recuperado o violín roubado a Dana Rey, da Orquestra Xove Cidade de Pontevedra

O instrumento, que fora subtraído do coche da pontevedresa este mércores nos arredores do conservatorio de O Castro, apareceu cando trataron de vendelo nun Cash Converters da mesma cidade de Vigo ▶ "Han sido 24 horas angustiosas, de incertidumbre y de rabia, pero ahora estoy feliz" ▶ Tratábase dun François Breton do século XIX valorado en arredor de 7.000 euros

Imaxe do violín. DP
photo_camera Imaxe do violín. DP

A violinista pontevedresa Dana Rey vén de recuperar o violín que lle roubaran do interior do seu coche este mércores, nas inmediacións do conservatorio de O Castro, en Vigo. Fíxoo candoo trataron de vender o instrumento nun establecemento de Cash Converters da mesma cidade, onde foran advertidos por un amigo de Rey da subtración da peza e da posibilidade de que tratasen de desfacerse dela. Tras comprobar, a través dunha fotografía, que se trataba do violín da colaboradora da sección xove da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, deuse aviso á Policía nacional. Unha patrulla acompañou á violinistra ata o establecemento onde finalmente recuperou o instrumento. Os axentes quedaron cos datos da persoa que trataba de vendelo.

"Han sido 24 horas angustiosas, de incertidumbre y de rabia, pero ahora estoy feliz", comentaba este xoves Dana Rey, por teléfono, xa co violín nas súas mans. "Creo que todo esto me ha servido para comprender hasta que punto son importantes los instrumentos para los músicos. Es algo que damos por sentado y de lo que no nos damos casi ni cuenta. Pero te quitan la herramienta de trabajo y te lo quitan todo".

Creo que todo esto me ha servido para comprender hasta que punto son importantes los instrumentos para los músicos. Te quitan la herramienta de trabajo y te lo quitan todo.

O violín de la instrumentista pontevedresa é un François Breton do século XIX, que foi recuperado no seu día por un luthier de Santiago de Compostela. Custou 6.000 euros daquela e hoxe o seu valor sería de arredor de 7.000. "Pero, aparte del valor económico, que ya sería bastante, está el valor sentimental, que en este caso también era muy grande".

Dana Rey deixara dentro do coche o seu violín e outros obxectos persoais o martes cando aparcou nas inmediacións do conservatorio vigués. Cando ao día seguinte foi buscar o instrumento descubriu que llo roubaran xunto cunha maleta na que había libros e obxectos persoais. Puxo unha denuncia na Policía nacional e fíxoo público a través das redes sociais buscando a colaboración cidadá. "La verdad es que recibimos muchísimo apoyo a través de las redes. Lo agradezco muchísimo". Un contacto dela, amigo dun traballador dun Cash Converters en Vigo, avisouno do roubo do violín por se intentaban vendelo no seu establecemento. Este xoves pola mañá avisaron á moza de que efectivamente trataban de desfacerse alí do seu instrumento.

Comentarios