Miércoles. 27.03.2019 |
El tiempo
Miércoles. 27.03.2019
El tiempo

Repensar o mundo dende a literatura galega

Manuel Rivas nunha visita recente a Pontevedra. RAFA FARIÑA (ADP)
Manuel Rivas nunha visita recente a Pontevedra. RAFA FARIÑA (ADP)

AAELG celebrará en Pontevedra un 'Parlamento de escritores' con preto de 40 autores ▶Unha das convidadas é membro de Òmnium Cultural ▶Manuel Rivas e Marica Campo intervirán no recital de peche

"Trátase de recuperar a figura do escritor como pensador da sociedade, como persoa que ten que reflexionar sobre o que está a acontecer, co peso que historicamente tivo á hora de denunciar o que está a pasar", explicou o presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), Cesáreo Sánchez, na presentación do Parlamento de Escritores. "É certo que estas reflexións o autor as fai normalmente na súa obra, pero hai situacións especiais como esta, de especial gravidade, que nos devolven a tempos escuros, nas que é necesario pronunciarse doutra maneira". Foi por iso que a AELG decidiu organizar este Parlamento de escritores en Pontevedra, no que se tratarán cuestións que van do feminismo ás migracións pasando pola relación entre os medios de comunicación e o poder.

15 E 16 DE MARZO. Preto de 40 autores participarán nas distintas actividades desta proposta, que se celebrará os días 15 e 16 de marzo. As primeiras actividades terán lugar no Pazo de Mugartegui. O venres 15 celebraranse alí dúas mesas redondas abertas ao público. Unha será Liberdades civís e dereitos nacionais (16.30) e contará coa participación de Carme Adán (Galicia), Laura Mintegi (Euskadi) e Clàudia Pujol (vocal de Òmnium Cultural, asociación que ten en prisión ao seu presidente, Jordi Cuixart, involucrado no procés catalán). A segunda mesa (18.30 horas) será Violencia institucional, violencia estrutural na sociedade e contará con Suso de Toro (Galicia), Joan Elies Adell Pitarch (Cataluña) e Ana Luísa Amaral (Portugal). Ao día seguinte terán lugar as mesas de traballo no Pazo da Cultura. A iniciativa rematará no Teatro Principal (19.30) cun recital conducido por Aldaolado no que participarán Manuel Rivas e Marica Campo, entre outros.

Repensar o mundo dende a literatura galega
Comentarios