'Reperkusión' de fin de semana

O cantante francés de orixe lucense Manu Chao será novamente o cabeza de cartel do X Festival Reperkusión de Ourense, que se celebra desde hoxe ata o domingo en Benposta e que inclúe máis dunha vintena de actuacións musicais. Hoxe será a quenda de Fermín Muguruza, Skarallaos, Artistas del Gremio.

Supertumbaduo, Shazalakazoo, Fanfarria Taquikardia, Cair Circo e Padre Merino. Mañá, día no que actúa Manu Chao, estarán tamén Haydamaky, Banda Fura Fura, Rimbarán, Quéqué, La Tarrancha, La Sonajera Ravalera, Hadri Hache e Guezos Peter Pun. Por último, o domingo actúan Ménage à Trois, Chimango, The Skarnivals e XeRock. O bono de tres días custa 30 euros e serán 35 con dereito a cámping.

OUTRAS CITAS
Na axenda musical da fin de semana tamén continúa en cartel o musical de Disney La bella y la bestia, que ofrece os últimos pases no auditorio Mar de Vigo coa súa espectacular posta en escena e o eurovisivo Daniel Diges no elenco. Será hoxe ás 18.00 e 22.00; mañá, ás 17.30 e 21.30 horas; e o domingo, ás 12.30 e ás 17.30 horas.

E sen abandonar o mundo Disney, Pontevedra acolle mañá o espectáculo Mágicos musicales, a camiño entre o teatro e a música no que os actores interpretarán e bailarán pezas clásicas de El Rey León, Sonrisas y lágrimas ou a propia La bella y la bestia. Será no Centro Social Novacaixagalicia (18.00).

Para os amantes da música clásica, a Orquestra de Cámara Galega e a violinista Rika Masato ofrecen hoxe no Teatro Colón da Coruña ás 20.30 horas unha noite ao estilo vienés con obras de Schubert e Mozart.

O jazz tamén terá cabida esta fin de semana co ciclo 1906, que presenta mañá sábado no pub Dado Dadá de Santiago a Nani García Trío, ás 22.30 horas.

Para os amantes da música electrónica e do hip hop hai dúas citas curiosas na fin de semana. Por un lado, a localidade pontevedresa de Salvaterra de Miño acolle o primeiro Leirado Rap Fest, mañá ás 22.00, con cinco actuacións gratuítas. E polo outro, a veciña Salceda de Caselas acolle hoxe (23.30 horas) a súa primeira festa de DJs, con cinco pinchadiscos.

E para os amantes do rock a cita está mañá en Santa Comba no Rocklonic Festival, co guitarrista Santi Campillo –ex de Mclan– de cabeza de cartel. Tamén hoxe o metal soará duro sala Mardigrass da Coruña, co dobre concerto de Black Horde e Saharah.

Outras citas musicais da fin de semana son o Tributo a Lice in Chains (mañá, 21.30, Sala Bonus Tracks de Vigo) a velada de hardcore-punk con Less Fortunate Songs, Debito e 1906 mañá na Sala Filomatic da Coruña (21.30).

Comentarios