Repóker español

Unha das estreas da semana, de Alejandro Marzoa, leva selo galego, xa que é producida por Vaca Films, rodada na Coruña e cos actores Miguel de Lira e Morris no elenco. Trátase da comedia Somos gente honrada, a historia de dous cincuentóns no paro e sen cartos que, un día indo pescar, teñen un golpe de sorte: achan un fardo de 10 quilos de cocaína.

Gigantes, la leyenda de Tombatossals é a estrea de animación da semana que conta a historia duns amigos nun país de xigantes que tratan de recuperar o reino duns seres chamados Bárbaros do Norte. Pedro Reyes e o señor Barragán poñen as voces a estes personaxes da obra de Manuel J. García.

E Juan Carlos Medina asina a coprodución española Insensibles, un thriller con Àlex Brendemühl, Juan Diego, Félix Gómez e Bea Segura que conta a historia dun médico que descobre que II Guerra Mundial había un grupo de nenos que non sufrían dor.

Máis cine español, agora coa comedia romántica Menú degustación, de Roger Gual. Unha parella reserva nun restaurante boísimo cun ano de antelación pero, ao chegar a data, xa non están xuntos. Actúan Cornet, Claudia Bassols, Vicenta N’Dongo, Fionnula Flanagan e Stephen Rea.

Por último, o director Pablo Moreno estrea Un dios prohibido, un drama que conta a retención e fusilamento de 51 membros dunha comunidade relixiosa de Barbastro xusto no arranque da Guerra Civil, no ano 36.

TITULARRRRR

'Trance' Danny Boyle asina este thriller con James McAvoy e Vincent Cassel que trata do roubo dun cadro moi valioso

Un invierno en la playa’ A comedia de Josh Boone narra a obsesión dun escritor por recuperar a súa ex muller.

Comentarios