viernes. 23.07.2021 |
El tiempo
viernes. 23.07.2021
El tiempo

O Salón do Libro logra colgar o cartel de 'Non hai billetes' na primeira fin de semana

Actividade no Salón do Libro no Pazo da Cultura. GONZALO GARCÍA
Actividade no Salón do Libro no Pazo da Cultura. GONZALO GARCÍA
As actividades previstas para celebrar ao aire libre quedaron no Pazo polas previsións de chuvia

Si que había emerxencia literaria. Tal e como di o lema do Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil deste ano, non só os libros salvan o planeta, seica tamén están a rescatar ós nenos e nenas e ás familias que tantas ganas tiñan de teatro, de contos, de música e de reencontrarse con Orbil, o lobo do Salón... logo dun ano de pandemia.

E é que o Salón vén de colgar o cartel de Non hai billetes para as actividades da fin de semana e nas do luns, martes e mércores quedan poucas, sinalou a coordinadora do Pazo, Eva Mejuto. "Había moitas ganas de Salón", insistiu. Os espectáculos e estreas do auditorio, que teñen un aforo moi reducido a causa das restricións pola covid (de 800 butacas ocúpanse 106), xa esgotaron as entradas o venres.

Salón do libro infantil. Pazo da Cultura. Sábado tarde

Cun protocolo rigoroso que procura a distancia sempre entre os asistentes, circuítos de entrada e saída e expendedores de xel en cada esquina, o Salón constatou o seu éxito entre a veciñanza non só de Pontevedra, senón doutros puntos de Galicia.

"Canto tempo sen vir aquí!", dixo unha nena de seis anos que agardaba a súa quenda para entrar no concerto de Paco Nogueiras. Acompañado do ilustrador Marc Taeger, o autor de Extra! ofreceu un espectáculo que mestura xornalismo, música e diversión, no que os pequenos non pararon de bailar nas cadeiras e ata a mascota do Salón saíu saudar ao público.

Andrea Bayer, directora de Baobab: "O streaming estivo ben no confinamento, pero o teatro precisapresencialidade, ademais a cultura é segura" 

Actividades do salón do libro. Xornada do Sábado pola maña.

Contacontos itinerantes, obradoiros creativos para facer videoclips ou mesturar o planeta cos videoxogos, faladoiros e música son só algunhas das actividades que este sábado encheron o Pazo da Cultura de vida e de sorrisos pequeniños. Ademais, a iniciativa saíu fóra do recinto habitual e levou polo centro de Pontevedra os contos ecolóxicos de Anxo Moure, aínda que as actividades previstas na Illa do Cobo trasladáronse ao Pazo pola chuvia. O Salón do Libro abre de novo hoxe as súas portas cun amplo programa que se pode consultar en www.salondolibro.gal. Desde a organización subliñan que as citas previstas inicialmente para celebrarse ao ar libre, quedarán de novo baixo cuberto no Pazo da Cultura por mor das previsións meteorolóxicas.

O día comezará ás 11 co Rodalibros e o obradoiro creativo de Anxo Fariña Ecopup. Haberá de novo obradoiro de videoxogos e ecoloxía e outro de cociña, e ao longo do día varios contactontos con Anxo Moure, Bea Campos e Paula Carballeira. Leucoíña Pasea fará o obradoiro audiovisual para a creación de un videoclip da man de Cora Velasco e a Orquesta Ce Pantasma tamén porá a música nunha cita con actos para todas as idades.

Salón do libro infantil. Pazo da Cultura. Sábado tarde

ÁS PARA ÁLEX. Unha das citas importantes que terá lugar hoxe é a estrea en Pontevedra do novo espectáculo de Baobab Teatro. Ás para Álex ás 12.30 e ás 19 horas. "Temos moitísima ilusión. Dáme rabia que non poida ser como antes, pero parece que empezamos ver a luz. O streaming estivo ben no confinamento pero o teatro precisa presencialidade", dixo Andrea Bayer, directora de Baobab. "Demostrouse que a cultura é segura", engadiu.

Tal e como relata a actriz e dramaturga, Ás para Álex é unha obra moi "especial" porque está baseada nunha historia real. Un espectáculo moi atractivo que combina o teatro cos monicreques pensado para público familiar e nenos a partir de cinco anos.

O Salón do Libro logra colgar o cartel de 'Non hai billetes' na...
Comentarios
ç