lunes. 02.08.2021 |
El tiempo
lunes. 02.08.2021
El tiempo

O Salón do Libro plántalle cara aos tempos de pandemia

A mascota do Salón do Libro, Orbil, saudando á concelleira de Cultura, Carme Fouces. DAVID FREIRE
A mascota do Salón do Libro, Orbil, saudando á concelleira de Cultura, Carme Fouces. DAVID FREIRE
O evento compaxinará actividades presenciais con retransmisións por streaming a través da súa canle de Youtube

Coa inclusión de espazos ao aire libre, a creación dunha canle propia en Youtube e a combinación de actividades presenciais e por streaming, o XXII Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra quere plantarse cara ás restricións sanitarias derivadas da pandemia. O evento, que terá lugar entre o 23 de abril e o 9 de maio e que foi presentado este venres pola concelleira de Cultura, Carme Fouces, acompañada pola mascota da actividade, o lobo Orbil, ten como lema Emerxencia literaria! e como homenaxeados aos mesmos do ano pasado, a escritora Helena Villar Janeiro e o debuxante Kiko da Silva, aos que non se lles puido render tributo en 2020 debido ao confinamento. O cartel que se escolleu como imaxe é da viguesa Aida Alonso.

A maiores, o Salón non conta desta vez cun país convidado, senón que o será "todo o planeta". Segundo explicou Fouces, a través da Rede de Escolas Asociadas da Unesco, o evento realizou unha convocatoria á que responderon máis de 80 centros de 15 países, que enviaron unha serie de colaboracións, en distintos idiomas. Compartiranse a través do Salón TV. Esta canle, á que se pode acceder dende a páxina web do Salón (www.salondolibro.gal) e da plataforma Youtube, é fundamental este ano. A maior parte das actividades poderanse seguir a través dela. "Teremos actividades presenciais, actividades por streaming e actividades ás que se poderá acceder das dúas maneiras", sinalou Fouces, que lembrou que o Salón do Libro de Pontevedra é unha proposta realizada en colaboración cos centros escolares da cidade. "Este ano participan 17. E 5 institutos".

Precisamente os escolares son os primeiros afectados polos cambios no evento derivados das medidas sanitarias. Non poderán achegarse ao Salón como viña sendo habitual. A cambio, deseñáronse actividades específicas para eles "ás que poderán acceder a través do streaming ou porque as levaremos ás propias escolas".

E é que o Salón ten previsto saír do Pazo da Cultura este ano como non o fixo nunca antes. A Illa do Covo, ao aire libre, convertirase nun dos escenarios centrais das distintas propostas, unha especie de sede ao aire libre. A maiores, a organización levará actividades polas parroquias na furgoneta Rodalibros.

CATRO ESTREAS. Ledicia Costas, Miguelanxo Prado, Pablo Díaz, Paco Nogueiras, Migallas, Abraham Cupeiro, María Solar, Pacolas, Magín Blanco e Celso Sanmartín son algúns dos protagonistas da programación deste ano, que inclúe catro estreas: a nova montaxe de Baobab, Ás para Alex; o espectáculo poético-musical A auténtica vida salvaxe, de Lucía Aldao e María Lado xunto ao Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra; o proxecto escénico Cantos que contan, realizado a partir do libro-disco Lingua guapa: contos que cantan e a proposta para bebés Feira de sementes, de Babaluva.

A maiores, do conxunto da programación, a concelleira de Cultura destacou os faladoiros que porán a dialogar a representantes de distintas xeracións, como as escritoras Ledicia Costas e Mariña Maceiras ou os debuxantes Miguelanxo Prado e Pablo Prado, así como a Orbil Parade, un roteiro que se realizará a partir da colocación de distintas estatuas da mascota do Salón pola cidade. Tamén resaltou os espectáculos de inauguración, dirixido por Marcelo Dobode e presentado por Mariña Paz, e de clausura, que correrá a cargo da rapazada do obradoiro municipal Rocklab; o mural colaborativo que se realizará no colexio da Xunqueira da man de Matrioska e as exposicións que se instalarán nas salas do Pazo da Cultura.

Finalmente, Carme Fouces pediu a colaboración das familias no desenvolvemento do Salón e no cumprimento das medidas sanitarias. Segundo dixo, todas as actividades serán de balde, pero o acceso presencial estará moi restrinxido. Será imprescindible reservar localidade en salondolibro.gal ou ataquilla.com para practicamente calquera proposta. As localidades estarán dispoñibles de semana en semana, «de mércores a mércores». A partir de aí, Fouces pediu tamén que as persoas que non puidesen acudir a calquera actividade para a que tivesen reservado un sitio, avisasen á organización para poder liberalo e permitirlle o acceso a outras. Da mesma maneira, tamén lembrou que será preciso inscribirse para visitar as salas de exposicións do Pazo durante as fins de semana.

Reserva obrigatoria


O acceso a todas as actividades será de balde, pero con reserva obrigatoria de entrada en salondolibro.gal.

Canle de Youtube


O evento creou unha canle na plataforma Youtube, Salón TV, a través da que se poderán seguir en streaming a maioría das actividades.

Illa do Covo


Boa parte da programación realizarase fóra do Pazo da Cultura. A Illa do Covo é o espazo escollido como sede ao aire libre.

SIN HORA Importante. Para info de qué hace la gente el fin de semana cuando está todo cerrado. Lago de Castiñeiras, entornos naturales y playas. Fotos de gente en la playa observando la puesta de sol., sábado, 21 nov · 13:30–14:30

Rodalibros


Por primeira vez, o Salón do Libro desprazarase ás parroquias. Farao a través dunha furgoneta de actividades, bautizada como Rodalibros.

Préstamo de títulos


O evento pon en marcha un servizo de préstamo de libros a partir dos que están dispoñibles na Biblioteca do Salón, que se instala no Pazo.

DAVID PAZO DA CULTURA: Salon do Libro Infantil e Xuvenil. Inauguracion. Espectaculo dirixido por Marcelo Dobode e presentado por Nee Barros e Soledad Felloza. Apertura das salas de exposicions. Fotos dos dispensadores do xel desinfectante. ****Falar con Belen: o espectaculo empeza sobre as 18.00 e esta previsto que remate sobre as 19.10. Os fotografos poderan agardar a entrada de Orbil dende dentro da sala de exposicions. DOBRE PAXINA GRAFICA, viernes, 6 mar · 19:00–20:00

Orbil Parade


As estatuas de Orbil volverán instalarse na cidade. A partir da súa localizacion realizarase un roteiro.

RAFA ORBIT EN BARCELOS Y LAS PALMERAS VILLA PILLAR

O Salón do Libro plántalle cara aos tempos de pandemia
Comentarios
ç