martes. 17.05.2022 |
El tiempo
martes. 17.05.2022
El tiempo

Pombal Wine Experience, otra manera de beber vino de Oporto

O alcalde do municipio portugués de San João da Pesqueira, acudiu a presentar as Festas Pombalinas na oficina de turismo do Porto e Norte de Portugal e a súa tradición vitivinícola da man do viño do Douro, a denominación Vindouro. O xefe do executivo local, Fontão Tulha, estivo acompañado polo Presidente da asociación para a promoción turística lusa, Melchor Moreira.

A feira Pombalina, ''de características únicas e particulares'', segundo o Presidente de Turismo de Porto e Norte, Melchor Moreira,  terá lugar do 2 ao 5 de setembro, días nos que a vila de San João da Pesqueira se transformará ao medievo, adoptando traxes e costumes da época do Marqués de Pombal.

O municipio, considerado o máis antigo de Portugal, conta, tal e como declara Moreira, coa maior área patrimonio da humanidade do país luso. Mais, alén dos aspectos históricos, o municipio é a zona de maior produción de viño do Porto. Ao longo da exposición, tanto o xefe do executivo local pombalino, como os distintos ponentes, convidaron a todos os galegos a achegarse a San João da Pesqueira a degustar a gastronomía e riqueza vitivinícola da localidade.

Ámbalas dúas atraccións, a feira do Pombal e o viño do Douro, quedan ligadas pola estreita relación que o Marqués do Pombal mantiña co viño do Porto. Foi el quen promoveu e consagrou a primeira rexión do mercado do mundo en termos enolóxicos, tal e como conta o alcalde do concello. O vínculo entre ambos foi tal que son os produtos que máis apreciaba o Marqués os que contén o cóctel que se ofreceu na presentación por cortesía de San João da Pesqueira.

Pombal Wine Experience

Tal e como aclarou o enólogo da denominación do Viño do Porto, este combinado inclúe ademais de viño do Porto branco e seco, ameixa, laranxa e mel, que fan da beberaxe unha bebida 'espirituosa' moi especial. ''É un xeito diferente de beber Porto e de achegarlle ao público esta bebida'', aclara o especialista en viños. O cóctel acuñárono co nome de Pombal Wine Experience e aúna, segundo o experto, ''os ventos húmidos do Atlántico coas notas de amora e a grande frescura do viño do Porto''.

Pombal Wine Experience, otra manera de beber vino de Oporto
Comentarios