Sanxenxo, O Grove, Moraña e Covelo acollen os catro concertos de Musigal desta semana

Roi Casal, Son galego, son cubano, Manoele de Felisa e Amantes da Terra actuarán entre o venres e o domingo na provincia
Roi Casal, durante una actuación en Pontevedra. DAVID FREIRE (ARCHIVO)
photo_camera Roi Casal, durante una actuación en Pontevedra. DAVID FREIRE (ARCHIVO)

Catro concertos conforman o cartel do Musigal da Deputación de Pontevedra para esta semana. Roi Casal, Son galego, son cubano, Manoele de Felisa e Amantes da Terra. Musigal actuarán en Sanxenxo, O Grove, Moraña e Covelo, respectivamente.

A primeira cita será o venres 24 con Roi Casal, ás 22.00 horas na Praza dos Barcos de Sanxenxo. Xa o sábado 25, Son galego, son cubano actuará na Praza do Corgo do Grove ás 21.30 horas. 

Para o domingo 26 están programados dous concertos máis. A explanada ao carón do multiusos de Moraña bailará a ritmo de Amantes da Terra a partir das 22.00 horas e, á mesma hora, Manoele de Felisa interpretará os seus temas na Praza do Concello de Covelo.

O Musigal ten como obxectivo favorecer a programación artística por parte dos concellos da provincia e está dirixido especificamente aos profesionais de música. Busca, ademáis, fomentar o uso social da música en galego e a  defensa dos valores da igualdade de xénero.

A institución provincial ten pechados ata agora máis de 40 concertos. Amais dos  xa celebrados en Tomiño, Bueu, Gondomar, Meaño e Poio e dos que se celebran esta semana en Sanxenxo, O Grove, Moraña e Covelo, Musigal tamén ten programados concertos en Silleda, Lalín e Rodeiro. 

Comentarios