''Mis personajes son públicos. Mi persona, no''

Naceu na única provincia galega sen mar, e é filla tamén dos anos 80, pero afirma que son os sons da Costa da Morte os que a fan relaxarse entre os proxectos artísticos nos que se ve envolta desde o inicio do seu periplo por Madrid. A súa vocación no mundo da interpretación abrangue diversos formatos: series televisivas, curtametraxes, representacións teatrais... Ámbetos todos estes nos que non consegue deixar indiferentes aos espectadores co poder dos seus ollos.

Se ben o seu nome saltou aos medios despois dalgún desgraciado suceso, está claro que Sara vive para ser actriz e que é iso polo que debe ser recoñecida, e polo que leva varios anos traballando e aprendendo.

Hai moitos que gostarían de coñecer os segredos necesarios para ser quen de metamorfosearse e alimentar a imaxinación do público. Ela sabe diso.

Pregunta:
Actualmente cal é a túa relación con Galicia?

Resposta:
A Costa da Morte é o meu fogar, aquí veño sempre que o traballo mo permite, e vívoo como un refuxio onde renovar as enerxías a cambiar o prisma. A morriña coido que é algo que forma parte de nós, unha especie de orgullo nostálxico que nos acompaña dende a raíz.

P: Os teus inicios e formación en interpretación foron acó. Onde se aprende máis, nas aulas ou fóra delas?

R:
A carreira da vida coas súas experiencias son un grao; mais é fundamental o estudo e coñecemento dos códigos de interpretación. Eu formeime aquí, na Coruña e en Santiago, pero sobre todo en temas artísticos como máis se recolle é cotexando outras formas de facer, así que continúo a miña formación fóra, tanto en cursos con profesionais, como facendo xuntanzas creativas, como enriba das táboas ou proxectos que se van trazando.

P: A que idade comprendiches que o teu futuro era ser actriz? É unha profesión na que hai que iniciarse dende a mocidade ou non hai idade para tomar tal decisión?
 
R: Eu lembro toda a miña vida un interese creativo que se achegaba cada vez máis á arte interpretativa. Máis que en futuro, sempre estivo en presente, marca o rumbo do meu timón e gustame vivir entre as súas augas. A determinación de formarme profesionalmente veu nós 15 ou 16 anos, cada tempada aportoume novas concepcións e así agardo que sempre sexa.

O audiovisual en Galicia
P:
Tes feitos traballos para a TVG. Como ves a produción audiovisual galega? Cales cres que son as súas eivas e as súas virtudes?

R: Galicia é un emprazamento de luxo para traballar, a xente é moi profesional e hai boa canteira, temos moitísima riqueza nas historias e no xeito de contalas; pero por desgraza os recortes orzamentarios afectan moito á Cultura.

P:
Prefires traballar enriba das táboas ou diante de cámaras?

R: Gústame poder dominar os distintos códigos, saber ónde estou e sacarlle o maior proveito, pero a intensidade inmediata de morbo e vértigo tena o teatro. Ca cámara é outra arte, onde tamén está a túa alma espida, pero cada representación no teatro convoca unha enerxía única, fugáz e inigualable.

P: Cal é o maior problema ao que se ten que enfrontar alguén que traballa no mundo da interpretación? É fácil atopar proxectos nos que traballar?

R:
Hai que ter estómago, sensibilidade e moita forza para que tanto vaivén de intereses non te faga perder o eixo. É unha profesión moi inconstante onde eu procuro unha disciplina, e a calidade non sempre vai da man da repercusión. Así que ti tes os teus valores e procuras, se podes, proxectos semellantes a eles.
 
Fama e vida persoal
R:
A fama tamén ten os seus inconvenientes. Como afecta a túa vida persoal ser un personaxe público?

P:
Os meus personaxes son públicos, a miña persoa non o é. Procuro ofrecer ao público o mellor do o meu traballo a través dos meus personaxes; pero a miña vida persoal pertence ao meu espazo íntimo. 

P: Vas interpretar 'Electra' de Galdós en breves. Fálame un pouco de esta obra xa centenaria e do que aporta esta nova versión...

R: Electra é unha rapaza na que todos os persoaxes do seu arredor buscan dalgún modo unha redención. Galdós parece que a apunta como un símbolo feminista da época que a retrata, 1901. Xa estivemos nas Palmas e no Teatro Español de Madrid con ela, con moi boa acollida de crítica e público. Agora pechamos o festival de teatro de Mérida, do 19 ó 22. E agardamos que poida chegar a máis sitios. Sería un luxo poder traela a Galicia, é unha obra moi intensa e estou segura de que iba ter boa resposta.

P: Que obra clásica cres que pode describir á sociedade actual?

R: Calquera obra clásica ten a capacidade de persistir no tempo e tender unha ponte cos conflictos actuais, tanto sociais como persoais, máis intrínsecos á complexidade humana. Se teño que citar... a que estou a traballar, 'Electra', ou calquera de Shakespeare, Calderón, Lope de Vega... e algunha obra galega como 'A esmorga'.

P: Un dos papeis que che fixo coñecida para o gran público foi o de Alicia en 'Amar en tiempos revueltos', unha serie ambientada na posguerra. Aprendiches algo novo con este papel sobre esta época? Cres que o traballo desenvolto ata agora sobre memoria histórica é suficiente?
 
R: Retratar unha época supón inmiscuirse en coñecer o uso máis cotiá dela. A min chamoume moito a atención todo o que coñecín da sección feminina. O papel da muller da época franquista en contraste coas novas formas francesas. O cruzar de pernas que era impensable en España, carácteres polo xeral sometidos a unha responsabilidade machista.

Coido que para evolucionar temos que coñecer o ocurrido cos nosos ancestros, somos as súas herdanzas. A xustiza a destempo non é xustiza, pero si se poden resarcir cousas e, sobre todo, dignificar e non caer no esquecemento dunha fosa común.
 
P: As series son un formato cómodo para traballar? Que ritmos de traballo adoitan ter?

R:Nunha serie trabállase cuns plan de producción variados, en función tamén do ritmo de emisión. Nas diarias se pódese facer un capítulo ao día, mentres que nas semanales hai marxe de dúas ou tres semanas, polo xeral. En 'Amar', por exemplo, as cousas non pasaban, contabanas os personaxes. Iso require outro estudo, e o personaxe vaise facendo a medida que avanzan os guións, supeditados a novas versións. Cando levas tempo e o personaxe ten un percorrido e coñeces os seus vericuetos é unha función recíproca. Unha producción é un equipo e ten que estar engranado e orientalo cara o mesmo sitio.

P: Imaxino que serás aficionada ao cinema, que filme nos recomendarías para unha noite deste verán?           

R: Ummh... Eu a que teño moi pendiente é 'Villa Amália', ca gran Isabelle Hupert, pero tendo en conta a carencia dos nosos cines tanto en contido como en falta de versión orixinal, aconsello o alquiler de cine. Ti lembras as proxeccións ó aire libre nas prazas? Que volte o cienma paradiso!

Comentarios