Silvia García 'come palabras' no CGAC

A artista canguesa Silvia García presentará hoxe ás 20.30 horas a performance 'Comer palabras' no Parque de Bonaval de santiago, dentro do ciclo de performaces promovido polo Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC).

Segundo a creadora, a performance, na que participa Martiño Lorenzo, trata sobre a confianza, a comida e a aprendizaxe. Amosa a actividade dunha nai e un fillo que preparan o alimento, para aludir á fraxilidade do proceso de aprendizaxe. "O exceso de protección fai que sexa difícil axudar nos descubrimentos do cotián", explica García.

Licenciada en Belas Artes, e tras traballar sete anos no departamento de actividades do CGAC, Silvia Garciá é profesora asociada da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, onde prepara a súa tese de doutoramento sobre as prácticas artísticas na cidade do Lérez.

Comentarios