Só un 25% da poboación entre 5 e 14 anos fala galego de modo habitual

O presidente da RAG reclama á Xunta unha "política proactiva" en defensa da lingua ante a perda de falantes

Encontros da RAG, con mozos participantes no proxecto '21 días co galego'. EP
photo_camera Encontros da RAG, con mozos participantes no proxecto '21 días co galego'. EP

Só o 25% da poboación de 5 a 14 anos emprega como lingua habitual o galego ou máis galego que castelán, segundo datos facilitados pola Real Academia Galega. Os datos foron divulgados durante unha reunión de representantes da citada entidade con alumnos do instituto da Pobra do Caramiñal e do colexio Fogar Santa Margarita da Coruña.

Ésta é a primeira reunión dos denominados 'Encontros da RAG' con mozos participantes no proxecto 21 días co galego que, segundo o presidente da entidade, Víctor Freixanes, aspira a achegarse "a novos sectores da cidadanía, desde estudantes a profesionais de diversa orixe". O obxectivo, engadiu, é "participar xunto a membros da Academia nun espazo de reflexións e debate sobre o presente e o futuro do idioma". 

A RAG advirte de que "o proceso de substitución lingüística do idioma propio do país polo castelán acelerouse notablemente nos últimos anos". Máis aló da reflexión persoal sobre a relación individual que cada un teñen coa lingua galega, o proxecto contribúe a que os alumnos "adquiran empatía coas persoas galego-falantes, e especialmente coas neo-falantes", indican fontes da Academia.

Entre as demandas para mellorar o futuro do idioma, o alumnado suxire campamentos de verán co galego como lingua vehicular ou promover a dobraxe de éxitos cinematográficos internacionais. A tradución das novelas superventas, a organización de certames literarios para a xente nova e promover reunións como os deste martes, son outras das propostas dos alumnos.

Freixanes, reclamou á Xunta unha "política proactiva" en defensa do galego ante a perda de falantes. "A academia fai un esforzo para escoitar á xente nova", pero se necesita un "impulso económico" para recuperar o galego, apuntou.

Comentarios