Superman en 3D

Regresa o superheroe por excelencia: Superman. El hombre de acero é unha película do mítico personaxe de Marvel en 3D dirixida por Zack Snyder e producida por Christopher Nolan, unha parella ideal para converter un filme en auténtico espectáculo. Henry Cavill dá vida a Superman e está compañado por Rusell Crowe, Amy Adams, Diane Lane, Kevin Costner e Laurence Fishburne.

O resto da carteleira de hoxe está case totalmente copada por Francia, a excepción do biopic alemán Hannah Arendt, onde Margarethe von Trotta conta a vida da filósofa e xornalista xudea.
Dentro do póker galo aparecen hoxe Después de mayo, de Olivier Assayas, que conta a historia dun grupo de universitarios buscando o seu sitio no mundo tras 1968.

La lapidation de Saint Étienne é unha película franco-española, dirixida por Pere Vilà Barcelò e protagonizada por Lou Castel. Conta como o mobbing veciñal tenta desaloxar dun piso un ancián só e enfermo que só ten na vida o lixo que foi acumulando.

Laurence anyways, de Xavier Dolan, conta a historia dun profesor que decide cambiar de sexo.

E Mi encuentro con Marilou, de Jean Becker, descubre un pintor maior deprimido que atopa unha adolescente perdida na vida e pasan moito tempo xuntos.

Estrea infantil

‘Monstruos University’ Estrea de animación da semana, de Pixar, precuela da exitosa Monstruos S.A. Comedia para a familia da man de Dan Scanlon