Miércoles. 12.12.2018 |
El tiempo
Miércoles. 12.12.2018
El tiempo

A Taberna do Jazz celebra un Slam Poetry o 21 de decembro

Una actuación en la Taberna do Jazz. ADP
Una actuación en la Taberna do Jazz. ADP

Os interesados en participar poden inscribirse a través do endereza electrónico [email protected]

PONTEVEDRA. O local A Taberna do Jazz (Rúa San Sebastián) celebrará un Slam Poetry o 21 de decembro. «O slam é un torneo de poesía no que os participantes se enfrontan a través de recitais dramatizados», explica a promotora da actividade, Tania Crego. Un xurado seleccionado de entre o público elixirá o gañador. «O formato do torneo está inspirado no boxeo. Faise por roldas onde cada poeta ten tres minutos para ler o seu poema».

A inscrición deberá facerse no enderezo [email protected] ou na propia A Taberna do jazz ata o 20 de decembro ás 23.59 horas. A listaxe de participación confeccionarase por rigorosa orde de inscrición.

Cada participante poderá presentar dous textos en lingua galega e recitará sen ningún tipo de atrezzo nin música. Haberá unha primeira rolda da que sairán tres finalistas, e deles, o gañador.

O premio deste Slam Poetry será unha cea para dúas persoas no restaurante Loaira.

A Taberna do Jazz celebra un Slam Poetry o 21 de decembro
Comentarios