O talento artísico xuvenil está exposto en 'Novos Valores'

A mostra amosa as mellores obras presentadas ao certame de artes plásticas de mesmo nome convocado pola Deputación de Pontevedra, que axuda cunha bolsa de 7.500 euros aos gañadores 
undefined
photo_camera Os gañadores de 'Novos Valores'. RAFA ESTÉVEZ

O certame convocado pola Deputación de Pontevedra Novos Valores de Artes Plásticas xa ten gañadores e, por se fora pouco, a súa propia exposición: Novos Valores 2021 inaugurouse onte no Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra.

Ainda que este ano só se presentaran 29 traballos -a cifra máos baixa da historia do concurso-,a mostra amosa 14 delas, escollidas polo xurado profesional desta edición. Rebeca López, Adrián Solleiro, Diego del Río e Daniel Cerecedo son os gañadores das bolsas deste ano, e serven como testemuña da evolución artística dentro da Provincia de Pontevedra.

O director do Museo Xosé Manuel Rey parabenizou as e os seleccionados, especialmente aos merecedores das bolsas, e desexou que a participación na mostra e a bolsa de formación do Museo supoñan un importante impulso na súa formación e especialización.

Lembrou que igual ca eles, dende o ano 1864 o Museo leva asignando pensións a figuras como Sobrino, Souto, Maside, Colmeiro, Laxeiro ata outros máis recentes como Lamazares, Matamoro ou Antón Patiño, ''e tantas e tantos artistas con que dende hoxe compartides o privilexio de formar parte desta mostra''.

Dende o Museo, dixo, ''hai unha tradición de apoio secular á creatividade que desenvocou no actual certame de Novos Valores, que constitúe unha testemuña da evolución da arte galega ao longo dos anos''.

As pezas premiadas este ano foron elexidas polo xurado de forma unánime, que sinala que conteñen ''cargas conceptuais e reflexións importantes, ademáis de ser variadas na súa temática''.

Os artistas bolsados, pola súa parte, agradeceron ao Museo, á Deputación e ao xurado o recoñecemento ao seu traballo. Rebeca Lar destacou que ''é importante que as institucións apoien a nosa creación, a creación moza, porque en moitas ocasións sen ese apoio non poderiamos seguir creando. Estou moi contenta. Teño moitísimas ganas de investir a bolsa en máis proxectos''.

Daniel Cerecedo manifestou o seu agradecemento tamén pola colaboración recibida para poder cristalizar o seu proxecto artístico.

Pola súa banda, Diego del Río subliñou que Novos Valores supón unha grande oportunidade e recoñecemento ''que abrirá moitas portas'' ademais da bolsa ''que me axudará a realizar a miña tese e continuar co traballo''.

Mentres, Adrián Solleiro transmitiu o seu agradecemento a través da súa familia.

Impulso da mocidade. O certame, co obxectivo de impulsar o compoñente de apoio á formación das e dos novos artistas, rebaixou a idade para poder concursar ata os 35 anos, o que demostra o seu compromiso coa mocidade da provincia.

Os catro artistas teñen plans distintos aos que destinar a bolsa de 7.500 euros: Rebeca López pensa continuar coa súa formación, mentres que Solleiro pensa continuar co proxecto da súa obra gañadora.

En canto a Diego del Río, pensa destinala a realizar máis viaxes para nutrir a súa experiencia artística. Por último, Cerecedo quere realizar un curso de pintura con Jaime Valero.

A fondo: O significado das obras dos artistas
A temática das obras premiadas dos xóvenes artistas tamén teñen significados moi diversos e persoais.

Rebeca López

A súa pintura Sen título reflexiona sobre a paisaxe e aborda dúas cuestións: os conceptos de arrepentimento e paseo e a idea do proceso artístico.

Adrán Solleiro

Reflexión e o nome da súa escultura. É unha peza figurativa modelada cuxa imaxe que xoga cun espello

Diego del Río

Ras al Habout II é unha continuación da peza presentada na edición de 2019. Trátase dunha serie de 21 cadros de 50x25 de pintura ao óleo sobre soporte de aluminio.

Daniel Cerecedo

Picasso y Richter vai sobre a competición artística contada por Plinio o Vello na que se enfrontaban Zuxis de Heraclea e Parrasio de Éfeso co propósito de determinar cal era o mellor pintor.

Comentarios