Tatiana García: ''Nos haría mucha ilusión ganar; los 'Mestre Mateo' son los Óscars gallegos''

Tatiana García  é unha das responsables de Te quiero pero... unha das producións nominadas para a candidatura de mellor series web nos Premios Mestre Mateo.

P Para quen aínda non a coñeza, ¿que nos pode dicir de ‘Te quiero pero...’
R
É unha serie de oito capítulos de 10 minutos nos que se conta a historia de nove mozos que rondan a trintena, que teñen que mandurar dun xeito distinto a como o fixeron os seus pais.

P ¿Como xurde o proxecto?
R É un proxecto de Carlos Gulías, Ángel Seoane, Sabela Pillado e meu. Todos traballamos no eido do teatro ou da televisión. Queriamos probar un produto feito por nós e con historias que estiveran baseadas en feitos que lle aconteceron a algúns amigos nosos.

P ¿Como recibides a nominación aos Mestre Mateo?
R
Con sopresa. Había cinco seleccionados con moito nivel, como Chévere ou Entre Pipas, e só catro ían estar nominados. Persoalmente, non contaba pasar. Tamén o recibimos con moita ilusión, son os Óscars galegos.

P Así que xa estaredes pensando no discurso...
R
(Ri.) Se gañamos espero que non me toque a min falar. Sería estupendísimo ser os gañadores, pero hai moito nivel enriba da mesa.

P ¿Faredes novos capítulos?
R
Estamos traballando nos guións da nova tempada, pero temos a sorte de que todos estamos traballando e a cousa vai, sen presa pero sen pausa. Por outra banda, non nos estancamos en número de seguidores, alcanzamos as 100.000 visitas na canle de Youtube, ademais a serie estivo na páxina de El sótano, de Antena3.

P ¿Cre que a serie triunfaría tamén na televisión?
R
Si, a serie vai a un público bastante xeral e non vexo por que non. Son historias frescas que lle poden pasar a calquera, pero para gustos hai cores.

Comentarios