A terceira edición de Ficciónate levará varias curtas galegas este sábado ata A Illa de Arousa

Esta proposta busca facer un ciclo de curta duración sobre os traballos de novos talentos

A terceira edición de Ficciónate levará varios curtas galegas no seu primeiro pase este sábado ata A Illa de Arousa (20.00 horas no auditorio municipal), nun ciclo que chegará a varios municipios.

Esta proposta busca facer un ciclo de curta duración sobre os traballos de novos talentos e alentar a novas xeracións para realizar as súas creacións.

Entre outras obras, poderanse ver os curtos Lurna (de Nani Matogueiras), Quinta provincia (Miguel Canalejo), Matria (Álvaro Gago), Zugzwang (Diego Markwalder Gago) e Perversa Lola (Sonia Méndez). Ficciónate é unha iniciativa de Abella Creativa e Producións.

Os coordinadores do ciclo, Miguel Díaz e Andrés Rozados, subliñan que Ficciónate naceu como un modo de "crear un circuíto activo e itinerante de cinema de curta duración no que chegar a diferentes espazos". Elixiuse Arousa para este primeiro pase porque foi "o punto de partida e onde nos acolleron".

Comentarios