lunes. 26.08.2019 |
El tiempo
lunes. 26.08.2019
El tiempo

Terela Gradín, Najla Shami e Miguel de la Cierva, no xurado dos Martín Códax

La caldense Terela Grandín, durante un concierto celebrado en la Praza do Teucro de Pontevedra. DAVID FREIRE (ADP)
La caldense Terela Grandín, durante un concierto celebrado en la Praza do Teucro de Pontevedra. DAVID FREIRE (ADP)

A gala de entrega dos Premios da Música Galega retransmirase mañá por streaming a través da web da CRTVG e da dos propios galardóns

A cantante de compositora de jazz de Caldas de Reis Terela Gradín e o responsable da programación musical da sala El Náutico do Grove, Miguel de la Cierva, forman parte do xurado deste ano dos Premios Martín Códax da Música. A organización vén de facer público o nome dos seus sete membros. Xunto a Gradín e De la Cierva están o profesor de canto moderno e técnica vocal, fundador e director do Coro da Ra, Ramón Bermejo; a responsable de produción e management na cooperativa Miraxe, Rosa Salgado; a cantora Pilocha; a música, cantora, compositora e profesora de técnica vocal Najla Shami, e o xornalista musical, colaborador en medios como a Radio Galega, Efe Eme, Icon-El País e Televisión de Galicia, Tito Lesende.

"Este xurado é o encargado de escoller os proxectos premiados de entre os 54 finalistas previamente votados polas socias e socios de Músicas ao Vivo", explican os promotores dos galardóns. "Co obxectivo de velar pola lexitimidade e coherencia da convocatoria, as persoas que integran este xurado non se coñecían entre elas, non tiñan relación directa con ningún dos proxectos finalistas, e fixeron as súas votacións a través da web do certame, www.premiosmartincodaxdamusica.gal".

Os gañadores das 18 categorías dos Premios da Música Galega coñeceranse na gala que se celebrará mañá (21.00 horas, acceso con invitación) no Pazo da Cultura de Pontevedra. Será nun espectáculo, dirixido por Quico Cadaval e conducido por Aldaolado, que ofrecerá "un percorrido pola historia de música galega, filla de múltiples mestizaxes, dende os trobeiros medievais á musica viral dos nosos días, pasando pola muiñeira, o valse e o rock and roll".

No escenario do Pazo, que estará presidido por unha obra de Ana Seoane, "que representa o noso mestizo ADN musical", actuará en directo o septeto dirixido por Pablo Castaño, que contará coas colaboracións especiais de Mónica de Nut e Sergio Tannus.

A gala será retransmitida en directo vía streaming a través da web dos premios e da web da CRTVG e en diferido o sábado 11 de maio (22.45 horas) na TVG2 e ao día seguinte (despois da medianoite) na primeira canle da TVG.

CARLOS BARRUSO. Ademais dos galardóns nas distintas categorías, na gala de mañá entrégase un premio de honra, que este ano recaeu no músico estradense Carlos Barruso. O recoñecemento distingue a traxectoria musical e docente "dun compañeiro e personalidade clave para entender a evolución da música moderna en Galicia; un profesional impecable, cun talento colosal que influenciou e segue influenciando a moitas xeracións de músicos", explican os promotores dos Martín Códax. "A asociación Músicas ao Vivo decidiu outorgarlle este ano o galardón como resposta inmediata, sincera e unánime de todo o sector ao exemplo vital e profesional que representa".

Terela Gradín, Najla Shami e Miguel de la Cierva, no xurado dos...
Comentarios