Teresa Fernández-Valdés crea a produtora 'Te espero en Marte'

A pontevedresa está desligada dende o ano pasado de Bambú, a empresa que fundou xunto a Ramón Campos
Teresa Fernández-Valdés. CEDIDA
photo_camera Teresa Fernández-Valdés. CEDIDA

A pontevedresa Teresa Fernández-Valdés puxo en marcha unha produtora propia, á que chamou Te espero en Marte.

Segundo adianta El Confidencial Digital, neste novo proxecto conta con Alix Lebrat, directora de operacións de Studio Canal, e Sergio Cimadevila. Ambos estaban ligados a Bambú, a produtora que Fernández-Valdés fundou hai 15 anos xunto a Ramón Campos e a través da que ela desenvolveu proxectos e series como Velvet ou Las chicas del cable

A pontevedresa saíu de Bambú en marzo do ano pasado desligándose así da empresa e emprendendo un camiño por separado.

Fernández-Valdés foi considerada por The Hollywood Reporter, en 2016, unha das 20 mulleres máis influíntes do mundo na industria televisiva. 

Comentarios