Touriñán: ''O único que non poderán privatizarnos é o sorriso''

Ola, bo día a todos.

Soniabg
¿Poderías contarnos como coñeciches a Marcos e como decidides convertirvos en Mucha e Nucha?

Coñecino cando chegou de Alemania. El tería uns doce anos. Coincicimos no colexio xogando ao balonmán.  O Día das Letras fixemos dez anos como Mucha e Nucha. Facíamos teatro xuntos.

Serxio
Touriñán, ¿Cales son e foron os mellores humoristas galegos?¿Coñeces algún novo humorista que nos poidas recomendar?

Non podo dicir un, son moitos.

Manuel Vázquez
Co Eu me opero abriches un camiño pouco practicado en Galicia, o do humor político. ¿Por qué non se fai máis humor político na TVG? ¿Coñeces os programas deste tipo de ETB e a tele catalá? ¿Non che parece unha xenialidade poder rirse ata de ETA?

Señor Pachi Vázquez :) [ver nick do lector], encántame que me fagas esta pregunta. Por suposto, paréceme unha xenialidade o que fan en Vaya Semanita e poder rirse das cousas das que rin. Pode que en Galicia non haxa aínda unha cultura de facer humor político na televisión, pero si se fai nas salas.  Igual é unha asignatura pendente que temos na televisión, aínda que se teñen feito cousiñas en Air Galicia, Tourilandia, Mucha e Nucha...


Elvirita
¿Cando volverá escribir en De Luns a Venres?

Xa estou niso. Estou aquí outra vez.

Cristina
¿Pode ser que a crise do sector audiovisual español se debe á tendencia a incluír actores guapos en vez de actores con talento?

Polo que me toca, estou completamente seguro. Espero que empecen a contratar a actores nos que o determinante non sexa o físico, que senón eu vou listo.

Hugonotes
Hai quen di que a vostede se lle dá mellor o papel de humorista que o de presentador. ¿Pensou en introducir algún cambio para a próxima tempada?
¿Quen o di? :) Posiblemente sexa certo porque a miña faceta como humorista lévoa desenvolvendo desde hai máis tempo. A de presentador é unha tarefa máis nova na que aínda teño moito que aprender. Algún cambio haberá...

Crisi
¿Pasaría á TV nacional? ¿Con qué programa, dos que hai, se quedaría?

Non teño ansia ningunha por traballar fóra de Galicia. Pero nunca se sabe... Gústame Buenafuente e o mellor programa da TV nacional é o Salvados de Jordi Évole.

Carla
¿Tivo que pelexar moito para que en Tourilandia puidesen actuar bandas galegas?

Non. Ter música en directo e bandas galegas era algo que tiña moi claro cando me ofreceron dirixir Tourilandia.

Samueliño
Entre tanta xira por festas populares e tanto pregón tívoche que pasar de todo, ¿non? Algunha anécdota terás. Como son un frívolo, pregunto, ¿lígase máis cando se sae na tele?

Pois algún Santo viu a Mucha e Nucha en pelotas. Tivemos camerinos coma sacristías ou capillas e ata chegamos a actuar nunha Igrexa. Eu non sei se o resto ligan máis, eu ligo o mesmo ca antes: nada. 

Victoria
¿Quen é o que mellor vive da TVG?

Para mín, eu.

Princesa
Ola Touriñan encantoume verte en Tourilandia. A miña pregunta é ¿Cres que en setembro poderei ir cunha amiga miña de público ao teu programa? Un bico para ti e para a túa familia.

Por suposto, Princesa. Eu como Rei estou encantado de recibir a membros doutras familias reais. ¿Non serás Cristina ou Elena? Saúdos á túa familia tamén... e aos elefantes.

Carlota
Bos días! Como tedes xa de cheo este verán? Moitas actuacións das cantareiras por Galicia adiante? E Tourilandia? Disfrutaremos dunha segunda tempada? Moitos bicos Touri!!
Alguna temos, pero non moitas. Iremos informando. Seguro que disfrutaremos dunha segunda tempada de Tourilandia.

Safronte
Como actor, ¿gustaríate facer cine? ¿Qué tipo de cine é o teu favorito? ¿Cales son os teus filmes predilectos?

Como actor, estaría encantado de facer cine. Algunha cousa hai que aínda non se pode contar, porque son proxectos. O cine que máis me gusta é o bo cine. Se tivera que dicir un filme, sería La vida es bella.

Elba
Miraches o de cortar o pelo. ¿Penso que poderías estar máis guapo? Que conste que a min me tes xa conquistada
Si, hoxe mesmo quedei para cortalo. Máis guapo non creo que estea por moito que o corte.

Daaira
Non cres que a programación maioritaria na TVG, sobre todo no que respecta ó humor e ós programas de variedades, proxecta e perpetúa unha visión da Galiza máis tópica e caduca, e que parecen tratar á xente coma persoas retrasadas? Non cres que fai falta un cambio cara un tratamento do público galego coma un público intelixente e con máis criterio que o de, sinxelamente, seguirse rindo de si mesmo, do seu propio tópico ou cliché, e que falta un espazo de programación "intelixente"?

Non, creo que para facer humor o primeiro é saber rir dun mesmo. Tamén creo que o público da galega non é nin máis nin menos intelixente ca outros públicos. Por outro lado, ¿cal é o humor non intelixente?

Teisiana
Ola Xosé!
Cal é o segredo para achegar ese humor que fas tanto a raparighos de 5 anos como a velliños de 90? Algunha apócema terás...

Penso que hai dúas cousas básicas: a cercanía do que contas e a sinceridade ao facelo.


Pareceqfoidios
Sería posible un dúo Mucha e Tonecho. Surxiría o amor.

Mucha non é moito de parellas estables, é máis de relacións esporádicas. Como di ela: "Un foghetillo e ala".

Undaquí
Quitáronlle o programa a Buenafuente. ¿Que opinas do catalán? Tal e como están as cousas, ¿Van privatizarnos o sorriso?

Creo que o sorriso é o único que non nos poden privatizar. Buenafuente é un mestre, é un dos grandes, sempre é unha referencia.

ÁlvaroMeisende
¿Canta xente traballa en Tourilandia? ¿Tedes moitos guionistas? Por certo, ¿como se escolle ou se ficha a un guionista?

No equipo somos máis de 80. En guión somos 8. Os guionistas fíchanse coma os futbolistas: con cartos.

PacodeMos
Encántame o teu programa, pero tal e como están as cousas co Gran Hermano e o Sálvame ides ter que acabar sacando raparigas con pouca roupa para manter a audiencia ¿Non é un pouco patético que traguemos con canta trangallada de mal gusto que sae pola tele?

Cada quen escolle o que quere ver. Nós temos unha arma secreta: Imos saír nós con pouca roupa: eu, Marcos Pereiro, Fede Pérez, Isi... e así subir a audiencia. ¿Que che parece?

Ramón
¿Que convidado se vos resistiu (algún habería)? ¿A quen che gustaría ter coma invitado nun programa? E o máis importante, unha petición: Hai que fichar a David Vidal como comentarista. Parabéns polo teu traballo.
Luis Tosar non estivo na primeira pero seguro que estará na segunda tempada. E igual sigo o teu consello, David Vidal é un crack.

CarlosNazom
Touriñán, ¿Galicia é un país, unha nación, unha empanada...? Para onde escoras en política?

Somos as tres cousas. A verdade é que os políticos me teñen un pouco desencantado.

Alberto
Son un afectado polo timo das participacións preferentes. Penso que algúns rostros públicos, como ti, por exemplo, deberiades botar unha man aos traballadores aos que nos reteñen os nosos cartos, o noso traballo. ¿Que opinas da nosa situación?

Paréceme unha... do carallo. Non creo que nós poidamos facer moito, porque seguramente algún de nós está tamén no voso caso. Paciencia e moito ánimo.

DESPEDIDA: Grazas por estar ahí e vémonos en Tourilandia, ¿é ou non é?

Comentarios