O traballo de Teiga para Meufit, seleccionado na Bienal Iberoamericana de Deseño

A axencia do pontevedrés, que tamén é mestre na Facultade de Ciencias Sociais, acumula máis de 200 premios nacionais e internacionais
Detalle da proposta de Teiga para Meufit. TEIGA STUDIO
photo_camera Detalle da proposta de Teiga para Meufit. TEIGA STUDIO

O proxecto que desenvolveu Teiga Studio, a axencia do deseñador, creativo publicitario e artista pontevedrés Xosé Teiga, para a cadea de ximnasios da provincia Meufit vén de ser seleccionado para representar a España no apartado de comunicación audiovisual da Bienal Iberoamericana de Deseño

O traballo que Teiga, que ten o seu estudio en Poio, realizou en dous ximnasios Meufit foi escollido para formar parte desta exposición bianual de traballos iberoamericanos que se poderá ver no centro de arte Matadero Madrid entre os días 21 e 25 de novembro. 

Detalle da proposta de Teiga para Meufit. TEIGA STUDIO
Detalle da proposta de Teiga para Meufit. TEIGA STUDIO

"La Bienal Iberoamericana de Diseño muestra, desde hace 16 años, los mejores proyectos de todas las áreas del diseño de América Latina, España y Portugal", explica a organización da actividade na súa web. O xurado da Bienal está composto pola profesora e deseñadora alemá Katrin Müller-Russo, o deseñador brasileiro Gustavo Greco, a deseñadora de sombreiros española Candela Cort, Odile Hainaut e Claire Pijoulat, da feira WantedDesign de Nova York, e o deseñador e cartelista mexicano Alejandro Magallanes.

A axencia de Xosé Teiga, que tamén é mestre na Facultade de Ciencias Sociais de Pontevedra, acumula máis de 200 premios nacionais e internacionais polo seu traballo no ámbito da publicidade e do deseño gráfico. Foi recoñecida nos Communication Arts Award of Excelence (Estados Unidos), Cannes Lions Design (Francia), Wolda (Italia), Graphis (Estados Unidos), Laus (España) e Anuaria (España). Ademais, a súa obra esta presente en máis de publicacións de todo o mundo.