Un Día de Rosalía para pedir el reconocimiento oficial de su obra

"Dela coñécese moito o nome, pero pouco a obra", afirma Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) que se encarga de organizar este 24 de febreiro, por segundo ano consecutivo, o Día de Rosalía. A data correspóndese desta volta co 174 aniversario do nacemento da poetisa, alá por 1837, e obxectivo da homenaxe non é outro que a institucionalización da efeméride, de forma que no calendario escolar figure como un día lectivo adicado a súa obra.

Varias cidades e vilas galegas acollerán actos en memoria da escritora, sendo a celebración central en Santiago, concretamente no Panteón dos Galegos Ilustres, onde descansan os restos da escritora. Simultaneamente leranse textos de Rosalía nos oito núcleos que acollerán a homenaxe -A Coruña, Vigo, Lugo, Betanzos, Ferrol, Ourense e Pontevedra, ademais de Compostela-.

Culminarase o recordo coa lectura dun manifesto vertebrado contorna a catro ideas: demandar a titularidade pública e uso laico do Panteón; denunciar a política "regresiva" de investimentos da Xunta co sector da cultura; apoiar o profesorado comprometido co mantemento na docencia de lingua galega; e pedirlle á Consellería de Educación que estableza o día 24 como Día de Rosalía. "Queremos que sexa un recoñecemento institucional, non só social", di Cesáreo Sánchez, quen recorda que moitos colectivos e particulares se sumaron xa á homenaxe, entre eles, o Concello de Vigo e o da Coruña.

Actos do día 24 de febreiro
  • Santiago de Compostela: A partir das 18.45 horas no Panteón de Galegos Ilustres
  • A Coruña: Ás 19.00 horas no Kiosko Alfonso
  • Vigo: Ás 20.00 horas na Casa Galega da Cultura
  • Lugo: Ás 19.30 horas no Museo Provincial. No acto participará profesorado e alumnado do CEIP Benigno Quiroga Ballesteros, CPR María Auxiliadora, IES Manuel Leiras Pulpeiro e IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, xunto con Pilocha que interpretará a capella poemas de Rosalía de Castro.
  • Betanzos: Ás 20 horas no salón azul do Edificio do Liceo, coa colaboración da A.C. Eira Vella
  • Ferrol: Ás 19.00 horas na Galería Sargadelos
  • Ourense: Ás 18.00 horas na Libraría Torga e coa colaboración do Gremio LiterAuria
  • Pontevedra: Ás 20.00 horas na Libraría Michelena

Comentarios