domingo. 25.10.2020 |
El tiempo
domingo. 25.10.2020
El tiempo

Valentín García presenta un libro que reflexiona sobre as linguas de Europa

Presentación do libro. XUNTA
Presentación do libro. XUNTA

A obra concíbese desde dúas universidades europeas: a de Kiel e a de Santiago de Compostela

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou este martes o libro Kiel-Santiago: Encrucilladas da diversidade lingüística europea, un libro que reflexiona sobre as linguas de Europa, con ou sen Estado. A obra está editada polo Centro de Estudos Galegos (CEG) da Universidade Christian Albrecht de Kiel (Alemaña), integrado na Rede de Lectorados e Centros de Estudos Galegos da Xunta, e a Editorial Galaxia co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Ademais de García, tamén acudiu á presentación o director do CEG de Kiel, Javier Gómez Montero, o profesor e académico da lingua galega Xesús Alonso Montero, o director de Galaxia, Francisco Castro, e a subdirectora xeral de Política Lingüística, Lourdes Batán.

Valentín García salientou "a importancia das novas achegas que ofrece este estudo para a promoción do uso e a protección do idioma". Tamén recordou que "a Xunta prepara o primeiro plan de dinamización da lingua galega na mocidade, que incluirá entre os seus obxectivos a dinamización do uso do galego nas familias novas e na transmisión interxeracional da lingua, un dos aspectos nos que o novo traballo recomenda incidir desde as políticas lingüísticas".

AS LINGUAS EN EUROPA. O libro, coeditado por Martín Vázquez e Facundo Reyna Munianin, concíbese desde dúas universidades europeas: a de Kiel e a de Santiago de Compostela. Está formado por catro ensaios, uns de sociolingüística (de Alastair Walker e Fernando Ramallo) e outros antropolóxicos (de Xesús Alonso Montero e Javier Gómez-Montero).

Valentín García presenta un libro que reflexiona sobre as linguas...
Comentarios