O actor estadounidense Viggo Mortensen, famoso por interpretar a Aragorn na triloxía cinematográfica O señor dos aneis, participou este luns nun recital de poesía que ateigou o Centro Ágora da Coruña. O intérprete sorprendeu recitando varios versos en galego ante as máis de 500 persoas presentes no recinto.
Mortensen, que pasou parte da súa infancia en Arxentina malia nacer nos Estados Unidos en 1958, é licenciado en Hispánicas pola Universidade de Saint Lawrence e conta con varios poemarios publicados, o primeiro deles en 1993. Foi un dos convidados no acto deste luns enmarcado no ciclo Poetas Di(n)versos que organizan o Concello da Coruña e a poetisa compostelá Yolanda Castaño, Premio Nacional de Poesía 2023, e que transcorre pola súa decimoquinta edición.
Viggo Mortensen recita un poema seu en galego no ciclo Poetas dinversos de Yolanda Castaño no Agora da Coruña, con Xose Iglesias @agora_gal @ConcelloCoruna @amesanl pic.twitter.com/rg8pZxGizg
— Xurxo Lobato (@XurxoLobato) November 20, 2023
O actor estadounidense recitou varios poemas en galego e castelán nun acto no que tamén participou Xosé Iglesias, mariñeiro e poeta natural de Cee.