Unha webserie para un mal pai

O guionista Óscar Cruz e o actor Xosé Manuel Esperante están detrás de 'A arte de ser mal pai', que vén de converterse nunha das triunfadoras do festival Carballo Interplay
Óscar Cruz (esquerda) e Xosé Manuel Esperante, esta semana, en Pontevedra. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera Óscar Cruz (esquerda) e Xosé Manuel Esperante, esta semana, en Pontevedra. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

Tres capítulos nos que se conta a historia dun pai separado que pasa tres últimos días coa súa filla pequena antes de que esta se mude a Londres con súa nai. É o argumento de A arte de ser mal pai, a serie, creada polo guionista pontevedrés Óscar Cruz e protagonizada polo actor afincado en Pontevedra Xosé Manuel Esperante, que vén de ser, con dous premios, unha das grandes triunfadoras do Carballo Interplay.

Dende que fixeran a webserie Peter Brandon (2017), un produto creado ex profeso para o que foi o seu protagonista, o actor Pedro Brandariz, os dous creadores que están detrás da firma Porco Bravú (El método sueco, Conversas con Cunqueiro), o director Jorge Boquete e o guionista Óscar Cruz, non se volveran xuntar. Conseguiu reunilos de novo "A arte de ser mal pai", unha serie que volveron poñer en marcha para outro actor, neste caso Xosé Manuel Esperante. "Llevábamos mucho tiempo trabajando en desarrollo de proyectos y teníamos ya muchas ganas de volver a currar en algo que pudiese realizarse y verse. Además nos apetecía mucho trabajar otra vez con Xosé. Pues ya estaba: ¿y si directamente le escribía una serie a él?", conta Óscar Cruz sobre como foi o inicio do proxecto, que despois produciu Miraveo.

O xerme da historia está precisamente en conversas sobre a paternidade que Cruz e Esperante tiveron durante a rodaxe de "Peter Brandon", segundo lembran. "Al final lo que me salió es una miniserie de tres capítulos en los que una niña se da cuenta de que su padre es terrible y de que, aún así, le quiere muchísimo".

O actor protagonista, que está acompañado no reparto por María Costas, Fede Pérez, Sabela Arán e Marita Martínez, ademais das nenas Amanda Ares e, sobre todo, Jacoba de Llano, "un auténtico descubrimento", describe ao seu personaxe como "un destes homes pouco acostumado aos coidados, que está ás súas cousas, ata que se ve obrigado de golpe, polas circunstancias, a enfrontar a súa madurez como pai". O máis bonito da serie, para Esperante, ten que ver con ese cara a cara coa nena que obriga ao personaxe a aprender a querer e a escoitar. "Diso nace esta comedia sutil, este pequeno drama, esta viaxe fermosa que fan os dous. que nestes tres días se ven obrigados a coñecerse tal e como realmente son".

Para interpretar este personaxe, para Cruz, Xosé Manuel Esperante era perfecto. "En mi corta experiencia en este mucho, si hay algo que tengo confirmado, es que todo sale mucho mejor si escribes sabiendo para quién lo haces", conta. "En este caso, siempre lo digo, Xosé es un actor que puede interpretar al presidente del Gobierno y a su fontanero. Y los verías a los dos en él perfectamente y conseguiría que te identificaras con los dos. Tiene esa capacidad. Y nosotros queríamos eso".

Rodada durante unha semana na Coruña, a serie proxectouse por primeira vez no Carballo Interplay, festival especializado en contidos dixitais que xa recoñecera o traballo de Cruz en Peter Brandon. A maiores, o equipo de Porco Bravú gañou en dúas ocasións o Mestre Mateo á mellor webserie por O método sueco. "El panorama en el ámbito de las webseries ha cambiado un montón", recoñece o guionista. "Hace años nadie se planteaba hacer algo más allá de cosas cortitas, de consumo rápido y siempre comedias. Hoy en día la cosa es diferente. De entrada se hacen muchísimas menos. Aquel boom de las webseries ha pasado. Por otro lado, se han roto todas aquellas barreras de género y producción. Y se le exigen otras cosas, una mayor ambición. Se hacen webseries como se hacen cortos".