Xela Conde: ''La musicoterapia no es algo de brujas y brujas, tiene base científica''

Xela Conde (Vigo, 1977) dedica a súa vida á música é á formación musical. Este sábado ofrecerá un monográfico de musicoterapia na asociación O Fiadeiro, ao que se pode anotar todo o mundo no 629.585.355 ou en [email protected], por 33 euros.

P: ¿En que consiste o monográfico que impartirá o sábado?

R: É un achegamento da musicoterapia á xente. Un repaso pola historia, polos conceptos e algunhas actividades. Para que a xente aprenda que non é algo de bruxas e meigas, senón que ten base científica e goza de gran tradición noutrospaíses.

P: ¿Que países?

R: En toda Latinoamérica, Italia, Suíza, Inglaterra, Francia...

P: E realmente... ¿que é?

R: É unha actividade científica, multidisciplinar e que permite traballar unha serie de obxectivos a través da música: personalidade, estado de ánimo, depresión, ansiedade, etc... Está moi ligada á neurociencia.

P: ¿Nótase que aumentan os seus seguidores en Galicia?

R: A miña experiencia, polos cursos que dou, é que si. O que está claro é que nestes tempos fai falta moita terapia para todos.

P: ¿Hai unha música ou un instrumento recomendado para cada tipo de tratamento?

R: Non. Non hai un remedio para cada caso. Hai moitísimas metodoloxías diferentes.

P: ¿Pode asistir todo o mundo?

R: Si. Aínda que eu o centro moito en xente do eido da sanidade e da educación.

P:
Tamén ten un taller de participación musical no Fiadeiro.

R:
Si. É un espazo para que a xente que goza da música se evada da tensión da semana e da rutina a través da música.

Comentarios