O xornalista e escritor Santiago Jaureguizar gaña o Premio Fernández del Riego

Ricardo F. Colmenero faise co Julio Camba por un artigo publicado en El Mundo

Santiago Jaureguizar. SEBAS SENANDE (AEP)
photo_camera Santiago Jaureguizar. SEBAS SENANDE (AEP)

Polo artigo Pólvora sen magnolia na discoteca Clangor, publicado o 31 de decembro do ano pasado no suplemento Táboa Redonda, de Diario de Pontevedra e El Progreso, o xornalista Santiago Jaureguizar fíxose co Premio Francisco Fernández del Riego para textos en lingua galega, que fallan anualmente Afundación e El Corte Inglés. 

O galardón para artigos en lingua española, o Julio Camba, recaeu en Ricardo F. Colmenero, por La comunidad, publicado o 1 de abril de 2017 en El Mundo. 

O xurado destes recoñecementos, composto por Alfredo Conde, Víctor Fernández Freixanes, Gervasio de Posadas e Carlos Valle, fallounos este martes á mañá en Pontevedra. Nesta edición, ao Fernández del Riego presentáronse 25 textos e ao Camba 114.

A entrega de galardóns terá lugar no último trimestre do ano no Café Moderno de Pontevedra.

Comentarios