FICHA TÉCNICA

0-5. O Pontevedra non pode cun Dépor moi superior

O conxunto granate deixou algún detalle de calidade a pesar de non levarse o Trofeo Luis Otero
Partido entre o Pontevedra e o Deportivo
photo_camera Partido entre o Pontevedra e o Deportivo

O Pontevedra CF perdeu por 0-5 contra o Deportivo da Coruña no partido correspondente ao Trofeo Luis Otero. O equipo granate ofreceu puntuais detalles de calidade individual fronte a un rival superior en categoría que ademais ten máis rodaxe durante a pretempada.

Na primeira aproximación o equipo coruñés aproveitou un erro de David Castro para adiantarse por medio de Fede Cartabia. Bakkali logrou o 0-2 superada a media hora despois dunha magnífica xogada individual plena de velocidade e calidade técnica.

Luisito elaborou un once sobre a base dos compoñentes do plantel da pasada temporada e no segundo tempo foi rotando aos seus homes ata acabar cun equipo totalmente distinto.

Destacaron Kevin e Jon Etxaniz e moitas das novidades ofreceron  boas sensacions co balon. A pesar diso, o Depor aproveitou erros de coordinación e a sua superioridade con espazos para incrementar a renta ata o 0-5 final, no que Bakkali, Borja Valle e Bruno Gama tiveron protagonismo como autores dos goles

Comentarios