2-2. A reacción do Dépor no Tartiere vale un punto

O Oviedo chegou a ir gañando por 2-0 pero os goles de Sabin Merino e Peru propiciaron a igualada
Beauveu presiona al portero del Oviedo. @RCDEPORTIVO
photo_camera Beauveu presiona al portero del Oviedo. @RCDEPORTIVO

O Real Oviedo empatou ante un Deportivo (2-2) ao que chegou a dobregar con dous goles de vantaxe, un poste e un penalti parado, pero que acabou revivindo a forza de marcar no último suspiro da primeira metade e igualar ao principio da segunda, reacción que lles vale aos galegos para apuntarse o golaverage particular. 

O Real Oviedo saíu máis metido a un encontro no que primeiro intentou sorprender Ortuño tras un roubo no frontal de Tejera e logo estivo preto de conseguilo Bárcenas a pase de Lucas, pero o seu disparo na área pequena despexouno Dani Giménez. 

O conxunto local, ben plantado e con vantaxe en case todas as segundas xogadas, recuperou balóns en tres cuartos pero non as súas ocasións, tampouco o agasallo de Dani Giménez ao entregar un balón no frontal a Sangalli que acaba recuperando a defensa. 

Non volveron perdoar os carbayones e foi a balón parado, posto por Tejera desde a dereita, cando chegou o gol dos locais tras un cabeceo perfecto de Ortuño na área pequena. 

O Deportivo tivo a oportunidade de igualar nunha das súas poucas accións na área, nun córner no que Sergio Tejera cometeu penalti sobre Abdoulaye Ba, pero Lunin fixo o seu traballo baixo paus e desviou o tiro de Emre Çolak, ao que lle faltou forza para sorprender ao porteiro cedido polo Real Madrid. 

O propio Sergio Tejera rozou o segundo tanto local tras un pase atrás de Bárcenas, pero o seu potente disparo, que xa superara a estirada de Dani Giménez, foi repelido polo poste esquerdo da portería visitante. 

O segundo do conxunto carbayón chegou ao fío do descanso, de novo a balón parado e outra vez tras unha falta de Abdoulaye Ba no frontal que materializou con atino Bárcenas. 

O Deportivo meteuse no partido xusto a tempo, no engadido da primeira metade e tras un mal despexe de cabeza de Carlos que converteu en gol Sabin Merino tras bater a Lunin cunha bonita chilena. 

A segunda metade empezou co vento a favor para os galegos, que igualaron a contenda ao fío da hora de partido tras un centro de Aketxe que peitea Keko Gontán -dous dos cambios de Vázquez- e que envía, libre de marca, ao fondo da portería Peru. 

A réplica deuna Borja Sánchez cun disparo desde a esquerda que repeleu Giménez baixo paus e a última ocasión clara para os locais asinouna Jimmy a pase de Rodri, pero o seu disparo estrelouse contra o corpo de Peru.

O partido acabou cun empate que outorga o golaverage particular ao conxunto deportivista por un gol de diferenza. 

Ficha técnica: 
2 – Real Oviedo: Lunin; Lucas, Carlos Hernández, Arribas, Mossa; Luismi, Tejera (Obeng, m. 93) ; Sangalli, Borja S. (Jimmy, m. 73), Bárcenas (Ibra, m. 61) e Ortuño (Rodri, m. 63).
2 – Deportivo: Dani Giménez; David Simón, Peru Nolaskoain, Abdoulaye Ba (Keko Gontán, m. 46), Mujaid, Salva Ruiz (Luís Ruiz, m. 72); Emre Çolak (Aketxe, m. 57), Álex Bergantiños, Gaku (Agbo, m. 57); Beauvue (Mollejo, m. 46) e Sabin Merino. 
Goles: 1-0 M. 26: Ortuño; 2-0 M. 45: Bárcenas; 2-1 M. 48: Sabin Merino; 2-2 M. 59: Peru.
Árbitro: De la Fuente Ramos Óliver (Colexio castelán leonés). Amoestou a Tejera (77'), Mossa (82') e Bolaño (93') no Real Oviedo e Abdoulaye Ba (43') e Keko Gontán (92') no Deportivo. 
Incidencias: Partido correspondente á 33ª xornada de Liga disputado no Carlos Tartiere (Oviedo) a porta pechada. 

Más en Deporte General
Comentarios