O campo de San Lázaro levará o nome de Vero Boquete

Anunciouno o Concello de Santiago tras un acordo entre os catro grupos municipais

Vero Boquete, en un partido con el PSG
photo_camera Vero Boquete, nun partido. AEP

A futbolista galega Vero Boquete dará o seu nome ao estadio de San Lázaro de Santiago, onde xoga os seus partidos a SD Compostela.

O acordo foi adoptado polo Concello da capital galega tras un acordo alcanzado entre Compostela Aberta, Partido Popular, PSdeG e Bloque.

Boquete, que foi capitana da selección española de fútbol feminino, militou nalgúns dos mellores equipos do mundo.

O campo levará desde agora o nome de estadio Vero Boquete-San Lázaro.

Comentarios