Vero Boquete déixase querer polo Real Madrid

A galega di que está centrada na súa carreira en Estados Unidos, pero manda unha mensaxe a Florentino: "Estou aquí para o que faga falta"

Vero Boquete, en un partido con el PSG
photo_camera Vero Boquete, en un partido con el PSG. ARCHIVO

A noticia de que o Real Madrid terá ao fin un equipo feminino, mediante a compra da praza do CD Tacón, segue coleando, ata o punto de que moitos medios deportivos xa especulan con que xogadoras podería fichar para a súa estrea na Liga Iberdrola.

E un dos nomes que xurdiu é da compostelá Vero Boquete, actualmente no Utah Royals de Estados Unidos. Aos seus 32 anos, unha das mellores futbolistas españolas de todos os tempos, déixase querer.

Nunha entrevista para o Diario As, Boquete mándalle unha mensaxe a Florentino Pérez: "Estou aquí para o que faga falta". Iso si, engade que agora está centrada na súa carreira en Estados Unidos e que no futuro verase se o conxunto branco "é unha opción".

Sobre a irrupción do Real Madrid no fútbol feminino, a galega sostén que é "algo moi positivo". "A quen non lle gustaría formar parte do Madrid feminino?", engade Boquete.

Más en Deporte General
Comentarios