O Pontevedra empatou (2-2) nun partido feo e condicionando por unha mala arbitraxe e afástase das prazas de promoción de ascenso
Na primeira parte, o equipo granate perdeu a batalla no centro do campo ante un rival ben ordeado. Con dificultades para trenzar xogadas e con moitas perdas de balón, o Pontevedra perdeu terreo ata encaixar o 0-1 nun saque desde o curruncho no que un erro de marcaxe lle permitiu a Fran Morante cabecear libremente na área pequena e bater a Edu.
Era o minuto 32 e pouco despois Romay igualou cun dobre remate que primeiro interceptou un defensa coa man e en segunda instancia entrou mansamente na meta de André
Nada máis empezar a segunda metade Álex González foi expulsado por un rigoroso segundo cartón amarelo.
O acoso do Internacional e a sucesión de ocasións non se traduciu no marcador e o Pontevedra foi quen de darlle a volta ao resultado despois dun saque desde o curruncho que Álvaro Bustos remachou en posición acrobática despois de varios rexeites
Sen embargo, no treito final, un novo erro de Edu nun desexe permitiulle a Rafa Mella marcar cun lanzamento sutil no minuto 90 que deixou frío a Pasarón e puxo o 2-2 final