3-1. O Pontevedra confirma a súa candidatura aos play-offs

Os granates impuxéronse ao San Sebastián de los Reyes nun partido pasado por auga no que tamén choveron os goles

Los jugadores del Pontevedra celebran uno de los tantos ante el San Sebastián de los Reyes. RAFA FARIÑA
photo_camera Los jugadores del Pontevedra celebran uno de los tantos ante el San Sebastián de los Reyes. RAFA FARIÑA

Despois duns minutos iniciais de maior dominio do equipo visitante, o Pontevedra fíxose co control do centro do campo e do xogo é tivo as primeiras aproximacións tímidas finalizadas con lanzamentos de Álvaro Bustos e Javi Pazos que non  inquedaron a Ruddy.

Mediado o primeiro tempo, xa aclimatado aos charcos do campo, o once de Luismi adiantouse no marcador grazas a unha xogada individual de Álex González pola esquerda, que rematou co seu centro en busca de Javi Pazos na área pequena. No seu intento por despexar, Zazo meteu a pelota na súa propia portería. Era o minuto 22.

O once granate puido ampliar a vantaxe cun tiro de Romay nun dos seus múltiples roubos de balón, pero o remate foise alto. E pouco despois, na única ocasión do Sanse do primeiro tempo, Iván Pérez foise por velocidade pola esquerda, meteuse na área e no seu intento de tirar a porta o coiro foise contra David Castro, que mandou o esférico ao fondo da rede.

O Pontevedra non desesperou tras encaixar o tanto é seguiu presionando ao seu rival. Antes do descanso, Álvaro Bustos lanzou ao longueiro un gran disparo desde o perfil dereito do ataque lerezano.

Na segunda parte o once pontevedrés insistiu no seu plan de partido e iso traduciuse rapidamente no 2-1,  nunha gran acción individual de Álex González que Álvaro Bustos remachou no primeiro pao.

Lonxe de pecharse no seu campo, o equipo granate seguiu dominando nun campo impracticable pola chuvia e puido sentenciar en varias ocasións, a máis clara nun disparo de Álvaro Bustos ao longueiro.

A sentenza produciuse a 20 minutos do final, cun disparo exterior duro e axustado de Borja Domínguez que foi imparable para o arqueiro visitante.

A vitoria volve aproximar ao cadro da cidade do Lérez á zona de play-off

Comentarios