0-0. O Pontevedra empata coa Ponferradina nun partido sen ocasións

O once de Luismi controlou o encontro e deixoulle a iniciativa ao rival 

Un momento del encuentro entre el Pontevedra y la Ponferradina, este domingo en Pasarón. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera Un momento del encuentro entre el Pontevedra y la Ponferradina, este domingo en Pasarón. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

O Pontevedra sumou un empate na casa contra a Ponferradina nun partido de poder a poder no que escasearon as ocasións de gol (0-0).

Na primeira metade os visitantes dispuxeron dun disparo de Yuri desde a frontal ao comezo do duelo no que Edu reccionou para atallar en dous tempos. 

O once de Luismi controlou o encontro, deixoulle a iniciativa ao rival e saiu á contra tras roubo. Nunha desas, Álex González gañoulle a espalda a Son e serviulle un balón a Arruabarrena que, libre de marcaxe enviou ás mans de Gazzaniga. 

Na segunda metade a sensación de respecto mutuo creceu e o xogo estivo marcado pola orde defensiva dos contendientes.

O empuxe final do Pontevedra non moveu o empate inicial do marcador

Comentarios